O P.S.O.E. pretende eliminar o diñeiro en efectivo

Unha proposición non de lei publicada o sábado no Boletín Oficial do congreso plantea a eliminación paulatina do diñeiro en metálico. A iniciativa do P.S.O.E. pretende comezar baixando a 1000 euros o tope maximo para transaccións con cartos físicos. Pero o texto deixa claro que o seu obxectivo final e “a eliminación gradual do pago en efectivo, co horizonte da súa desaparición definitiva”.
Continua a carreira cara á distopía autoritaria, o vello soño totalitario cada día está máis preto. E esta vez foron os “socialistas” os encargados de lembrarnos que as ansias polo control total do cidadán non son patimonio exclusivo da dereita. Non en balde o libro de 1984 inspirábase na Rusia soviética.
Baixo o pretexto de acabar coa fraude fiscal, e á calor da histeria do coronavirus, pretenden apertar outra volta de torca nas medidas de control social e monitoraxe do cidadán. O diñeiro en metálico é o único medio de pago público, o único non mediatizado por empresas privadas. Pero é que ademais o uso exclusivo de medios electónicos (teléfonos e tarxetas) permitirá trazar un mapa completo da vida de cada un de nos. Dunha banda poderán rexistrar con precisión a evolución dos nosos gastos e aforros; pero ademáis, seguindo o rastro das nosas tarxetas de crédito, poderán coñecer todos os nosos movementos físicos. Se os móviles xa gravaban as nosas conversas (con fins tanto policiais como comerciais) e ubicaban a nosa posición en cada momento, agora o rexistro de todas as transaccións económicas axudará a debuxar un mapa completo e detallado da nosa existencia. Ademáis de deixar constancia do lugar e o momento de todalas nosas transaccións e de rexistrar todolos obxetos que mercamos, coñecerán con exactitude os nosos gustos: o que comemos, o que leemos e todo aquelo que consumimos.
Polo de agora a medida que pretenden aprovar é baixar o limite máximo de pago en efectivo de 2500 a 1000. Pero a redacción mesma da proposición cursada polo P.S.O.E. non oculta o obxetivo manifesto de avanzar cara a desaparición do diñeiro en metálico. A idea causou estupor ata no Banco Central Europeo, que a rexeitou entre outras múltiples razóns por considerar que prexudica aos máis desfavorecidos.
Suspensións das garantías constitucionais, utilización salvaxe e indiscriminada das lexislación represivas que dicían querer derogar, coqueteos coa censura de comunicacións, monitoraxe cidadá… Ultimamente a esquerda parlamentaria semella que se esforza por amosarnos que, en cuestións de autoritarismo e restriccións de liberdades, ribaliza coa dereita máis rancia. Recurrente lección que a historia da loita de clases non deixa de lembrarnos en canto o socialismo autoritario agarra algo de poder. En fin.
Para Pécoras.info por Robinjuz

One comment on “O P.S.O.E. pretende eliminar o diñeiro en efectivo

Leave a comment