Chile: Situación xudicial de Mauricio Hernández Norambuena, Comandante Ramiro

Dende Chile chéganos este texto como parte dunha campaña internacional en apoio a Mauricio Hernández Norambuena, membro do FPMR (organización marxista-leninista que loitou contra a ditadura de Pinochet). O caso de Mauricio é un de tantos que amosa a corrupción das institucións democráticas e a súa falta de xustiza e memoria histórica: mentres personaxes como Augusto Pinochet morren de vellos con cargos vitalíceos e torturadores e asasinos da ditadura saen impunes ou directamente non chegan a ser investigados, aqueles e aquelas que loitan contra o fascismo poden ser perseguidas toda a vida.

O comunicado:

“O primeiro de abril de 1991, no Campus Oriente da Universidade Católica, é axusticiado Jaime Guzmán, un dos principais colaboradores civís da ditadura, cerebro da constitución política de 1980 e fundador do partido de dereita UDI. A acción forma parte da campaña “Non á impunidade” do Frente Patriótico Manuel Rodríguez, organización político-militar na que participaba Mauricio, alias o “Comandante Ramiro”.

Entre 1991 e 1992, o fillo do dono do xornal El Mercurio, é secuestrado polo FPMR nunha operación de financiamiento. Seu pai, o magnate Agustín Edwards, colaborara na campaña a favor do golpe militar de 1973. Tras cinco meses de negociación e previo pago do rescate, o refén é liberado san e salvo. Pero un ano máis tarde, Mauricio é detido en Curanilahue e sometido a un xuízo sumario polo ministro instructor Alfredo Pfeiffer. Mauricio é xulgado sen ningunha garantía dun proceso xusto en mans dun xuíz que avalou e promoveu a impunidade de numerosos crimes
contra os dereitos humanos cometidos por axentes do Estado durante a ditadura de Pinochet. O “Comandante Ramiro” é condenado a dúas cadeas perpetuas como autor intelectual do asasinato de Jaime Guzmán e o secuestro de Cristián Edwards. O 30 de Decembro de 1996, mentres cumpría súa condea no Cárcere de Alta Seguridade, Mauricio é rescatado a través dun helicóptero xunto a outros 3 frentistas, nunha acción sen precedentes en Chile coñecida como “Voo de Xusticia”.

Nove anos máis tarde, Mauricio é detido en Sao Paulo, xunto a un grupo de militantes internacionalistas latinoamericanos que participaban do secuestro do empresario Washington Olivetto. Nun comezo, Mauricio é condenado a 16 anos polo secuestro, con todo, debido ás presións económicas e políticas que pesan sobre a fiscalía en Brasil, acaba sendo condenado con 30 anos de cárcere, a pena máxima que permite a lexislación dese país. Durante o período que Mauricio permaneceu preso en Brasil pasou por 7 distintos penais nos que se lle mantivo todo o tempo nun réxime  excepcional de illamento e castigo denominado “Réxime Disciplinar Diferenciado ( RDD)”. Baixo este réxime carcerario Mauricio é sometido a diversas medidas que constitúen agravios a dereitos humanos esenciais, as cales non debían estenderse por máis de seis meses,  pero que alcanzaron os 15 anos, converténdoo no preso que máis se mantivo con este réxime en todo Brasil.

-Peche permanente e continuo nunha cela que non ten luz natural, 2 horas de sol ao día (só luns a venres), sen acceso a radio, tv, nin prensa escrita, sen contacto con otrxs prisionerxs nin custodios, demora de ingreso de correspondencia de ata 5 meses…-

En agosto do 2019, ad portas de acceder a un sistema semiaberto de reclusión ao que hai anos tiña dereito pero que se lle negou arbitrariamente, os gobernos de Jair Bolsonaro e Sebastián Piñera, sen sequera notificar á súa avogada, xestionaron a extradición de Mauricio a Chile. Con todo, o ministro instrutor Mario Carroza condénao a dúas penas de 15 anos, sen considerar todo o tempo que estivo preso en Brasil para efectos de extradición, pasando por encima de tratados internacionais ratificados polo noso país e con total parcialidade de parte de Carroza, quen sentenciou segundo as presións políticas  do goberno e a UDI.

Dende o 20 de agosto de 2019, Mauricio atópase recluído na Sección de Máxima seguridade na Unidade Especial de Alta seguridade. O Instituto Nacional de Dereito Humanos e a Comisión de DDHH do Colexio Médico, ao ir constatar as condicións de saúde física e mental nas que se atopaba Ramiro, concluíron que hai achados que demostran que o vivido a partir do ano 2002 en Brasil
e a súa actual situación de reclusión en Chile concorda coa definición de tortura e tratos crueis, inhumanos e degradantes recoñecidas a nivel internacional. En abril deste ano, a defensa de Mauricio solicitou o traslado fóra da Sección de Máxima Seguridade, con todo, o xulgado de garantía decidiu mantelo nesa sección de castigo, argumentando a motivación política dos seus delitos e a fuga en helicóptero de 1996.

O 29 de maio a Corte Suprema confirmou as dúas sentenzas de 15 anos cada unha, e aínda que se esgotaron en Chile os recursos de apelación na súa causa, recorrerase a instancias internacionais para atopar xustiza.

Mauricio necesitará do teu apoio,
difunde e comparte a súa historia!”

Leave a comment