Cargas policiais na protesta contra V.O.X. da Coruña

 Antidisturbios reprimen a concentración de repulsa contra o acto electoral de VOX na Coruña. O dispositivo policial despregado para protexer o exiguo mitin da formación ultradereitista mallou con saña nos manifestantes antifascistas que protestaban fora.
A cafetería “Olímpica”, lugar escollido polo partido ultra para iniciar a súa campaña na Coruña, amenceu onte con pintadas antifascistas. Malia presenza de Espinosa de los Monteros, desprazado ata a cidade herculina como estrela invitada e cabeza de cartel, o acto apenas congregou a unhas poucas decenas de simpatizantes. Probablemente eran máis que eles, aínda que sen chegar o cento, os manifestantes de esquerda que amosaron o seu rexeitamento desde a beirarrúa contraria. Convocados por redes sociais por “Acción Antifascista”, corearon consignas tras da pancarta “Contra o fascismo nin un paso atrás”.
A pesar de que a concentración discurriu pacificamente e sen incidentes, os antidisturbios cargaron contra os concentrados tratando de empurralos ata a rúa seguinte. Unha ducia de persoas resultaron contusionadas, un deles precisou da asistencia dunha ambulancia, que o levou o hospital Juan Canalejo onde pasou varias horas en observación.
Dese xeito VOX obtivo o seu titular: os antifascistas, que non fixeron outra cousa que levar porrazos, visibilízanse como violentos, e un mitin de proporcións ridículas consegue inmerecida publicidade. Con todo foi bonito comprobar como moita xente nova animouse a saír á rúa para amosar o seu rexeitamento contra o auxe da extrema dereita. Oxalá o movemento antifascista atope a maneira de canalizar esa forza do modo mais axeitado para non retroalimentar o casposo discurso de odio do nacionalismo español.
Mentres tanto, en todo o territorio galego sucedéronse as protestas contra os actos electorais da extrema dereita. Vigo rexistrou unha manifestación antifascista moi numerosa, mentres que en Pontevedra a policía detivo a un manifestante acusado de “atentado” e “resistencia”.
Pois iso: RESISTENCIA!!!
Video da protesta realizado polxs compas de Galiza Contrainfo:

  • Copiar

One comment on “Cargas policiais na protesta contra V.O.X. da Coruña

Leave a comment