Forte contestación antifascista aos mitines de VOX en Lugo e Coruña

 As rúas galegas voltaron a vibrar co rexeitamento a extrema dereita. A xira electoral de Santiago Abascal, como xa pasara co resto de capitostes do partido ultra, viuse sinalada pola forte contestación do antifascismo galego. Tanto o venres en Lugo, como o sábado na Coruña, as protestas fronte aos mitines de VOX rivalizaron en asistencia coa militancia da extrema dereita; se é que non superaron a convocatoria do propio líder do nacionalismo españolista.
 Centos de persoas, na súa maioría moi novas, sinalaron desde as rúas o casposo discurso de odio do neo-fascismo democrático.
 A protesta da Coruña, convocada por Acción Antifascista xunto ao Palacio de Congresos, rematou de novo con cargas policiais. Como xa pasara na concentración da semana pasada fronte á cafetería Olímpica. Só que nesta ocasión o saldo de contusionados foi bastante menor. Desta volta as agresións policiais foron timidamente contestadas co lanzamento dalgunha bengala. Ao contrario do devandito por “La Voz de Galicia”, que nun intento de xustificar a gratuíta actuación das forzas da “orde”, invirte a cronoloxía dos feitos nun dos incontables alardes desinformativos ao que xa nos ten afeitos este pasquín do conservadurismo.
 Como non tedes por que creer o que nós digamos (pois as nosas simpatias están máis que claras), aquí podedes ver cos vosos ollos a sucesión dos feitos no estupendo video dxs compas de “Galiza Contrainfo”:

  • Copiar

Leave a comment