[18 Xuño] Charla/presentación: Historia da Coruña libertaria

Este sábado 18 na Comuna (Doutor Ferrant, 8) ás 19:00 terá lugar unha breve charla sobre o pasado anarquista da cidade de A Coruña. Tamén se presentarán os libros “A Coruña anarquista: na procura do ideal de Liberdade” de Óscar Freán (reedición) e “Mapoulas, sardiñas e dinamita: xeografía libertaria das Atochas – Monte Alto” de Daniel Palleiro.

Estas dúas obras mergúllannos na Coruña de comezos do século pasado, cun anarquismo a pé de rúa, de loita obreira e sindical, folgas xerais, ateneos libertarios, casas de mulleres libertarias, etc.

As relatoras serán a xente da editorial Manchea, responsables das fermosas edicións de ambas obras, e Daniel Palleiro, autor do segundo libro.

Haberá exemplares á venda.

Leave a comment