Volve o Caso Bombas: deteñen a Mónica e Francisco

Pra comprender mellor os feitos acontecidos este venres 24 de xullo que rematou coas detencións de Mónica Caballero e Francisco Solar é preciso remontarnos uns anos atrás. O Caso Bombas foi un proceso moi soado (nunca mellor dito) que tivo a súa orixe alá polo 2009 en Santiago de Chile, cando estouparon catro artefactos explosivos en varios puntos da capital. Isto, máis a fatídica morte de Mauricio Morales (Punki Mauri) pouco tempo despois pola detonación dun artefacto explosivo que levaba na mochila e que, parece ser, tiña intención de colocar nunha escola de xendarmería, fixo que se levase a cabo unha serie de accións represivas contra o movemento anarquista e os centros sociais okupados. Estes operativos policiais non se limitaron só a territorio chileno, tamén se levaron a cabo en España, abrindo varios “Casos Bombas” e rematadando con varias persoas detidas ó longo dos anos (con varias montaxes policiais polo medio que animamos a que investiguedes pola vosa conta), entre elas Mónica e Francisco no 2013, que son en quen se vai centrar este artigo. Con todo, no 2012 todas as persoas imputadas no primeiro Caso Bombas foron absoltas ao non se soster ningunha das “7000 probas en contra”.

Esta parella foi acusada da colocación de dous explosivos: un fallido na Catedral da Almudena en Madrid e outro na Basílica do Pilar en Zaragoza. Foron encarcerados en prisión preventiva e dispersados en distintas prisións do Estado, ademais de aplicarlles o réxime FIES (réxime empregado polo Estado español pra vulnerar os dereitos humanos das persoas presas). Tras dous anos de prisión preventiva á espera de xuízo (o máximo que poden estar por lei), a Audiencia Nazional decidiu aumentar en outobro do 2015 outros 2 anos máis a prisión preventiva. O xuízo realizouse finalmente en marzo do 2016, resolvéndose nun primeiro lugar coa condena de 12 anos de prisión pra cada unha, pero que tras recorrir ó Tribunal Supremo reduciuse a 4 anos e 6 meses. Esta redución debeuse á falta de imparcialidade do tribunal anterior e falta de probas que demostrasen que Mónica e Francisco formaran parte dun grupo terrorista, cousa na que a fiscalía estaba empeñada e para o cal recorriu ás tan utilizadas montaxes, dicindo cousas como que formaban parte dos Grupos Anarquistas Coordinados (grupos cuxa existencia non foi acreditada…) ou das FAI-FRI (que según o código penal español non pode ser considerada como organización terrorista, en parte debido á súa horizontalidade, ademais de, outra vez, non ter probas de que formaran parte nesta estrutura). A pesar das continuas montaxes e de que Mónica e Francisco o único que recoñeceron en todo momento é que eran anarquistas, cumpriron un ano de condena e, tras invocar o artigo 89 do Código Penal, volveron a Chile, substituindo o resto da súa condena pola expulsión do territorio españolen marzo do 2017.

O caso destas dúas compañeiras non é algo inusual, xa que pola mesma época tiveron lugar outras montaxes policiais (Operacións Piñata, Pandora I e Pandora II) coas que reprimiron o movemento anarquista coa escusa da existencia dunha estrutura terrorista, a cal os mesmos tribunais acabaron considerando ficticia.

Unha vez temos coñecemento de como actúa o Estado pra criminalizar as ideas libertarias, vaiamos co acontecido o venres: dende pola mañá a policía irrompeu en varias comunas de Santiago de Chile, acabando cunha nova detención de Mónica e Francisco, acusados de novo da colocación de varios artefactos explosivos. Entre estes, atópanse un “atentado explosivo” en xullo de 2019 na comisaría de Huechuraba (que por redes causou risa pola evidencia da montaxe policial) e o envío dunha “carta bomba” (que foi desactivada a tempo, según os medios) ao exministro do Interior Rodrigo Hinzpeter, autor da fracasada montaxe do primeiro Caso Bombas, impulsor dunha lei que pretendía criminalizar aínda máis a loita social, responsable da represión ao pobo mapuche e actual xerente de Quiñenco, do infame grupo Luksic, o máis rico do país, propietario de bancos e canles de televisión. Con todo, os medios de “información” hexemónicos din que un grupo anarquista reivindicou ditas explosións, pero vendo o historial de mentiras e montaxes do goberno e a súa prensa haberá que agardar pra esclarecer os feitos. Ata entón, agardamos que liberen pronto a Mónica e Francisco e que non tarde en botarse abaixo este novo intento de criminalización das ideas anarquistas.

Pra rematar, deixamos este comunicado da Coordinadora 18 de Octubre (centrada na liberación das persoas presas en relación á protesta chilena xurdida nesa data o ano pasado):

“Desde la Coordinadora 18 de Octubre por la libertad de lxs prisionerxs políticxs, expresamos nuestro más profundo apoyo y solidaridad con nuestrxs compañerxs Francisco Solar y Mónica Caballero, quienes fueron detenidos desde sus casas por el Estado, representado en el OS-9 de carabineros y la Fiscalía Metropolitana Sur en un amplio despliegue policial y por medio de allanamientos a tempranas horas del día.
Por una parte, visibilizamos y repudiamos la persecución política permanente llevada a cabo hacia ambxs por levantarse como luchadores sociales anti-autoritarixs que, entre otrxs, hoy están siendo represaliados sistemáticamente de la misma forma que todxs quienes desde el inicio de la revuelta se manifiestan en contra del aparato del poder en la lucha por la dignidad. Por lo mismo, es que tememos por la seguridad e integridad de nuestrxs camaradas.
A pesar de ser una noticia en desarrollo, es importante señalar que al medio día de este viernes, ya se han registrado allanamientos en 3 domicilios , mientras, paralelamente, el estado trabaja en la revisión de una nueva Ley de Inteligencia.
Por último, sostenemos nuestro rechazo al tratamiento que le han dado a la noticia los medios de comunicación burgueses, que una vez más, como históricamente ha sido, se sitúan al servicio del aparato estatal, colaborando incisivamente en la criminalización de la protesta.
Amor y fuerza para Mónica y Francisco
Libertad a todxs lxs presxs politicxs”

Leave a comment