Antidisturbios impiden marcha independentista e agreden e deteñen a unha persoa

O pasado venres 24 de xullo había convocada unha marcha independentista en Santiago para ás 23:30. Foi a esta hora cando a mocidade compostelá saíu do antigo CSO Escarnio e Maldizer pra atoparse cunha cantidade de policía antidisturbios anormal a ambos lados da rúa, impedindo con dita movilización desproporcionada a marcha previa ao Día da Patria Galega.

Dende Galiza Contrainfo informaron:

“Ruas cortadas pola policia, identificados dous xornalistas de Galiza Contrainfo, tamén compañeiras de Esculca
Antidisturbios rodearon o centro social no que tiña lugar a cea despois da mobilización xuvenil e nestes momentos desde a Mocidade pola Independencia tentan mediar para que comece a mobilización. Identifican e non o permiten.”

Tamén onte informaban dunha agresión cometida a un compañeiro:

“Este mediodia soubemos que na noite do 24 de xullo un antigo colaborador de Galiza Contrainfo, traballador do audiovisual, que viña de cear con amizades, recebeu unha malleira no cruce de Casas Reais con Cervantes ao tentar cruzar un cordón policial de camiño a casa.
Foi detido e está acusado de atentado contra a autoridade contra 3 antidisturbios.
O noso amigo recebeu golpes por parte de secretas e antidisturbios na cabeza, pescozo, meixelas, e inmobilizarono no chan presionándolle o pescozo cos xeonllos, sen chegar a perder a consciencia.
Foi trasladado ao hospital e en urxencias recebeu unha atención deficitaria, onde só lle preguntaron onde fora golpeado e anotarono, sen chegar a ser atendido con maior detalle nin recibir calmantes para a dor.
Non declarou e pasou a disposición xudicial, e saiu con cargos este mediodia.
O noso compañeiro agradece a unha viciña de Casas Reais que chamou a unha ambulancia, que se trasladou até o lugar da detención, e desde aqui pedímosvos que se alguén gravou ou foi testemuña desta abusiva detención que nos contacte.
Grazas!

#ACAB”

Aínda así, o pobo movilizouse ese mesmo día pola tarde e o día seguinte.

Leave a comment