A “xustiza” española exculpa aos gardas civís responsables da morte de 15 inmigrantes

O 6 de febreiro de 2014 os gardas civís que custodiaban a fronteira marítima con Ceuta empregáronse con saña para repeler un intento de asalto por parte de máis de 200 inmigrantes que trataban de alcanzar a nado a praia do Tarajal. Os uniformados dispararon sobre os sen papeis 145 pelotas de goma e cinco botes de fume, ademais de golpear coas súas porras a quen trataba de chegar a terra. 15 inmigrantes perderon a vida e os 23 que conseguiron alcanzar a praia foron devoltos a territorio marroquí no momento, un ano antes de que a “lei mordaza” legalizase as “devoluciones en caliente”. Tras varios carpetazos ao caso cos seus conseguintes recursos, a audiencia de Cadiz resolve agora o sobresemento definitivo da causa. Dese xeito quedan archivandas as denuncias por homicidio imprudente, actuación dolosa e denegación de auxilio contra 16 gardas civís, por entender que a súa actuación só tiña unha finalidade “disuasoria”.

Gardas civís forman esperando o resultado da sentenza
Gardas civís formando en espera da sentenza

E tan disuasoria, non te jode, nada máis disuasorio que ver como asasinan a 15 persoas ó teu redor; descalabrados a pelotazos mentres tratan desesperadamente de alcanzar a praia. Man de santo, oiga, só tiveron que afogar a 15 negros para que os outros douscentos e pico marcharan de volta. E a quen consegue chegar a terra, pois se lle lanza por riba do valado e santas pascuas, asunto solucionao. E que viva a democracia e a nai que a pariu!

A maior masacre de inmigrantes da historia constitucional e os axentes de rositas, pois a audiencia entende que a súa actuación foi “adecuada e proporcional”. Pero non contentos coa absolución dos asasinos, no tribunal aínda teñen o valor de afirmar que “a situación de risco grave para a vida estaba implícita no método escollido polos inmigrantes para levar a efecto o asalto”. Vamos, que a culpa de que os asasinaran foi dos mortos. Claro, trataban de fuxir da miseria para entrar en occidente: se é que van provocando! E xs xuizes ainda se atreven a engadir: “os gardas dedicáronse a cumprir co seu deber cos medios antidisturbios que tiñan ó seu alcance, sen que poida achacárselles, por non existir elementos  probatorios, o incremento de risco que puido orixinarse coa súa intervención”. Pois claro! desde cando disparar pelotas de goma contra a xente que está a nadar incrementa o risco de afogarse? Se cadra morreron de vellos; ou moi probablemente sexan vítimas do tabaquismo, que todxs sabemos que é un vicio moi feo.

E xa para coroarse, para cubrirse definitivamente de gloria, afirman sen escachar coa risa que “a situación de perigo desapareceu para quen desistiu e aumentou para quen persistiu no seu intento de aglutinamento ou os que se afastaron mar a dentro”. Vamos, que se morreron foi porque quixeron, porque “A perigosa forma de irrupción era unha opción elixida polos propios inmigrantes, e nela entre os obstáculos que habería tras superar ás forzas marroquís atopábase a actuación policial española”. Claaaaro, pa que se meten? Se todo o mundo sabe que a policía española son uns asesinos. Que parece mentira que teñan que vir os xuices a dicilo!

Pero logo a un par de gardas civís lles dá por entrar a provocar e poñerse chulos nunha  herrikotaberna, péganlles as  hostias máis merecidas de toda a historia da humanidade, e logo resulta que iso é un acto de terrorismo. E a xustiza española parécelle do máis normal condear con decenas de anos de cárcere aos rapaces que tan didácticamente puxeron no seu lugar a aqueles  picoletos desubicados. Unhas hostias nun bar contra uns gardas civís: unha década de talego; pero se eses mesmos  picolos dispáranlle a un subsahariano desarmado afogándoo no estreito, aquí non pasa nada. Absolución ao canto. Que para iso lles págan!… ou lles pagamos.

Así que rapaces, xa sabedes, así son as cousas e así volas contamos: se os inmigrantes queren xustiza… que naceran brancos! que carallo! ou gardas civís, que aínda é mellor. E nos tan ricamente polo noso queridísimo reino borbónico. E foron felices e comeron perdices, polo menos deste lado do estreito. E demos cracias ao señor. Chis-pón!

Video extraido da páxina da Comisión Española de Ayuda al Refugiado

Leave a comment