mina litio galiza

Unha mina na beira da casa? Informes dende a Casa do Pobo en Doade

O domingo 26 de xullo tiveron lugar as primeiras xornadas informativas sobre os proxectos de minaría de litio que pretenden levar a cabo a empresa Recursos Mineiros da Galiza, S.A. nos concellos de Forcarei, Beariz e Avión.

O evento iniciouse ás 10 am na Casa do Pobo en Doade cunha conversa na que participaron veciñas afetadas polas minas de litio en Portugal, compañeiras do grupo ContraMINAcción e da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) onde falouse de temas como as consecuencias que trae consigo a extracción de minerais alcalinos, como afectan o medio ambiente as minas a ceo aberto, a contaminación da auga polos residuos mineiros e as diferentes loitas que existen doutras veciñas ante as mineiras que actúan con impunidade contaminando o territorio.

Asistiron ao redor de 100 veciñas dos concellos de Forcarei, Cerdedo, Rubillón, Vigo, A Estrada, Tomiño e A Guarda, entre outros, moitas delas mostráronse sorprendidas pola nova ao saber que serían perxudicadas no caso de que a Xunta de marcha a este proxecto que pode traer efectos irreversíbeis en cuestions da contaminación da auga e do chan.A conversa seguiulle a proxección do documentario Mina Touro-O Pino NON para continuar, despois dun descanso, cun roteiro pola zoa onde se ten contemplado realizar a mina. Durante o percurso un veciño de Doade e Calros Solla, ámbolos dous do colectivo Capitan Gosende explicáronnos o impacto que unha mina ten na orografía, nas especies animais e vexetais, no chan, a hidrografía e as consecuencias económicas que acompañan estos proxectos nos sitios onde se prantan, por que continuamente terminan no despoxo e migración dos habitantes. A pérdida da identidade, e da historia, tanto material como inmaterial, os petróglifos, as lendas…

O convivio foi moi positivo na nosa opinión e sorprendeu o espiritu combativo das viciñas amoladas pola nova información. Son os primeiros pasos dunha resistencia que terá un longo recorrido no noroeste da península, albo do neocolonialismo europeo ávido por reestructurase a costa do nosa terra. A febre do novo ouro chegou e ollamos con medo unha refinaría de litio en Leixois, punta de lanza de moitas minas de litio que tanto no norte de Portugal como na Galiza encherán de enerxia os carros eléctricos que se construirán no futuro. Un futuro escuro para os nosos rios e montes se non o detemos.

O colectivo arroutada, o organizador do evento, continuará estas xornadas proxectando o ciclo de cinema sobre minaría os xoves na asociación de artistas Solfami, ubicada na Ínsua, en Pontecaldelas.

Leave a comment