Xabón natural

Nestes tempos de pandemia non paramos de escoitar que temos que lavar as mans, e que mellor que facelo cun xabón feito por ti mesma!! Este xabón é 100% libre de sufrimento animal e nos permite afastarnos un pouco da industria cosmética achegándonos a unha vida máis autosuficiente.

Nos neste caso escollimos ingredientes respetuosos coas peles máis sensíbeis.

Para a elaboración desta fórmula botamos man dunha das moitas calculadoras de saponificación que podes atopar por internet. Ti tamén podes persoalizar o teu xabón empregando esta ferramenta!

Ingredientes:

  • 200g de oleato de calendula(Calendula officinalis), correola (Plantago lanceolata) e flor de amendoeira (Prunus dulcis).
  • 100g de aceite de coco.
  • 25g de manteca de karité.
  • 10 pingas do aceite esencial da túa elección.
  • 50g de fariña de avea.
  • 121g de auga destilada.
  • 46,2g de sosa cáustica (NaOH).

Con estas cantidades obteremos aproximadamente 500g de xabón.

1.Nun recipiente que ature altas temperaturas botamos auga destilada e despois a sosa, e mesturamos ata a súa completa disolución. É IMPORTANTE FACELO NESTA ORDE, xa que na orde contraria xeraríase unha reacción altamente exotérmica, vamos que é perigoso!                  

2. Mesturamos o oleato co aceite de coco e a manteca de karité ao baño maría.

3. Cando as dúas disolucións teñan a mesma temperatura batirémolas xuntas ata ter unha emulsión de consistencia semellante a unha maionesa.

 

4. Por último,engadimos a fariña de avea e o aceite esencial que no nosos caso foi de lavanda plas súa propiedades relaxantes e antisépticas.

5. Botámolo no noso molde, nós escollimos unha botella de plástico reciclada máis ti podes empregar o recipiente que máis che guste.

 

6. Deixamos repousar 24h para rematar o proceso de saponificación.

7. Pasado este tempo cortarémolo para facer porcións máis cómodas de usar, e as poñeremos a curar durante 30-40 días nun lugar fresco, seco e  escuro.

 

 

 

 

Leave a comment