Morre Stuart Christie, o anarquista escocés que atenteou contra a vida de Franco

Nado en 1946, Stuart foi criado pola súa nai e os seus avós. De feito, foi a súa avoa quen lle iniciou nas ideas libertarias: “proporcionoume un barómetro moral que casaba co socialismo libertario e o anarquismo, deume unha estrela que seguir”.

Comezou a traballar aos 14 anos e pouco despois uniuse por un breve periodo ás Xuventudes Socialistas do Partido Laborista. Tamén participou na loita por botar uns submarinos nucleares estadounidenses de Escocia.
Foi durante eses anos de activismo cando coñeceu máis sobre as Brigadas Internacionais e a loita antifascista en España. De feito, pouco despois, tras mudarse a Londres pra traballar de aprendiz de chapista, uniuse á Federación Anarquista con 16 anos e coñeceu a varios anarquistas españois exiliados, a quenes Stuart ofreceulles dende un primeiro momento a súa axuda pra o que fixera falta. Estes tomaron moi en serio a súa palabra e contaron con el pra a planificación do que, según din algunhas fontes, sería o trixésimo atentado contra a vida de Franco.

Christie e Carballo na portada do xornal
Christie e Carballo na portada do xornal

Coa excusa de ir a vendimiar, foi a París, onde se reuniu con xente de Defensa Interior (organización de loita antifranquista vinculada á CNT e ás Xuventudes Libertarias). Alá tramaron o plan: Stuart transportaría un kilo de explosivos plásticos ata Madrid, onde contactaría con Fernando Carballo Blanco (membro comprometido da CNT, fillo dun dos tantos fusilados por sublevarse en Valladolid no 36). Carballo encargaríase de colocar os explosivos nun aparcadoiro preto do Estadio do Bernabéu reservado para os coches oficiais.
Tras chegar a Madrid facendo autostop, o 11 de agosto de 1964, un Stuart de 18 anos tivo que pegarse os explosivos con cinta ao corpo e intentar disimulalo cun xersei de lá que lle fixera a súa avoa, pero aínda así tiña un aspecto deforme e sospeitoso, maís tendo en conta que era pleno agosto en Madrid. Algunhas fontes afirman que os servizos secretos franquistas estaban infiltrados en Defensa Interior, o cal fixo moi doada a detención de Christie (de quen se dixo falsamente que levaba un kilt durante a súa detención) e Carballo. Christie foi condenado a 20 anos e Carballo a 30, librándose ambos do garrote vil. Christie cumpriu só tres anos e medio na prisión de Carabanchel debido a toda a presión internacional; neste periodo aproveitou pra estudar castelán e historia. Carballo, quen non tivo tanta sorte, cumpriu 26 anos, pasando por varios cárceres e facendo folgas de fame en apoio a outros presos políticos.

Tras voltar a Londres, Christie e outros compañeiros formaron a Angry Brigade (Brigada Iracunda), grupo armado de corte libertario moi influido polo situacionismo que atentou contra bancos, embaixadas e casas de políticos conservadores. Tamén participou na Cruz Negra Anarquista, fundou o xornal Bandeira Negra e varias revistas (Prensa Cienfuegos, Crítica Anarquista…).  Chegou a exiliarse á illa de Sanday pra evitar o cárcere pola súa participación na Angry Brigade, onde se casou e tivo fillos sen deixar de estudar e o seu activismo.

Escribiu varios libros sobre as súas experiencias militando como anarquista: “Miña avoa fíxome anarquista”, “Franco fíxome terrorista” ou “Nós, os anarquistas! Un estudo da Federación Anarquista Ibérica” entre outros. Tamén deixou Christiebooks, páxina fundada en 1974 que alberga unha cantidade enorme de historia anarquista con moitísimo traballo detrás.

Finalmente, morre aos 74 anos por cancro de pulmón o 15 de agosto de 2020, supoñendo unha perda tremenda tanto pra a súa comunidade como pra o anarquismo a nivel internacional, sendo un gran exemplo da solidariedade entre pobos e determinación.

Sen liberdade non haberá igualdade, sen igualdade non existe liberdade e sen loita non haberá ningunha das dúas

Leave a comment