CANCELADO [25 Agosto] Charla-Debate: “Reformas laborais: achegas dende o anarcosindicalismo”

ACABAN DE INFORMAR DA CANCELACIÓN DO EVENTO

 

O próximo martes 25 de agosto terá lugar no local da Unión Anarcosindicalista Coruña a charla-debate “Reformas laborais: achegas dende o anarcosindicalismo. Análise do período 2010 – 2015”.

Partindo dalgunha das reformas que a Unión Europea esixe ao goberno español para poder recibir os 140.000 millóns de Euros ofertados (combater a alta taxa de temporalidade laboral, medidas compensatorias para as pensións…), citaranse exemplos de recortes en materia de dereitos laborais que tiveron lugar durante o período 2010 a 2015, facendo referencia ás seguintes normativas:

-Real Decreto-ley 10/2010, Partindo dalgunha das reformas que a Unión Europea esixe ao goberno español para poder recibir os 140.000 millóns de euros ofertados (combater a alta taxa de temporalidade laboral, medidas compensatorias para as pensións…), citaranse exemplos de recortes en materia de dereitos laborais que tiveron lugar durante o período 2010 a 2015, facendo referencia ás seguintes normativas:

• Real Decreto-ley 10/2010, de 16 de junio, de medidas urgentes para la reforma del mercado de trabajo.
• Ley 35/2010, de 17 de septiembre, de medidas urgentes para la reforma del mercado de trabajo.
• Real Decreto-ley 3/2012, de 10 de febrero, de medidas urgentes para la reforma del mercado laboral.
• Ley 11/2013, de 26 de julio, de medidas de apoyo al emprendedor y de estímulo del crecimiento y de la creación de empleo.
• Ley 18/2014, de 15 de octubre, de aprobación de medidas urgentes para el crecimiento, la competitividad y la eficiencia.
• Real Decreto Legislativo 2/2015, de 23 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores.

Finalmente, faranse referencia a cal sería a postura, en termos xerais, que se debería defender desde o anarcosindicalismo, a cal iría máis alá da simple reversión dos recortes acontecidos nese período.

O local atópase na Rúa Washington, 36.

Leave a comment