Coruña contra a monarquía

Na tarde de onte algo máis de medio cento de persoas concentrámonos fronte ao Obelisco en rexeitamento non só da monarquía e os seus chanchullos, se non tamén do réxime capitalista que a sustenta e amamanta. Un número algo escaso de participantes dadas as circunstancias e as expectativas.

A pesar de que a convocatoria de Acción Antifascista Coruña tivo a precaución de animar a tomar as medidas de precaución fronte ao coronavirus (uso de mascarillas e distancia entre participantes), cousa que se lembrou desde o megáfono durante a protesta, parece que xs coruñeses preferiron atestar as praias e terrazas ignorando o chamamento anti-monárquico. Unha convocatoria nunca tan necesaria (na miña opinión) tendo en conta como a monarquía española se descojona reiteradamente do pobo traballador cos seus actos, os seus chanchullos e a sua mesma existencia.
Afortunadamente xs antifascistas coruñeses tiveron a iniciativa de convocar unha protesta contra o despropósito borbónico sen deixarse amedrentar polas restricións pandémicas nin as calores estivais. Unha pena que a cidade non estivese á altura coa morna acollida do evento. E iso que outras convocatorias, como a da plataforma “Galiza pola república” foran aprazadas polo incremento de casos de covid 19. Con todo, o feito de ser a única cita antimonárquica da cidade tras da fuga do ladronzuelo campechano non redundou en beneficio da concentración antifascista. Iso si, as praias e as terrazas estaban a rebordar.
A policía si que acudiu á protesta, fieis ao seu celo e compromiso habitual. Dúas “lecheras” de antidisturbios vixiaron xs asistentes desde a distancia e sen causar as molestias de costume, cousa rara. E iso que a convocatoria non fora nin sequera comunicada ás autoridades gobernativas. Vese que ata aos madeiros fódelles ver ao ex-rei fuxindo alegremente aos emiratos coma se fose o Dioni.
Co lema pancarteiro de “Abaixo a monarquía. Unidade popular e república” xs concentradxs entoaron cánticos e consignas anti-borbónicas durante pouco máis de media hora. Ao finalizar o acto leuse un comunicado (profusamente repartido tamén entre xs transeúntes a modo de panfleto) lembrándolle á cidadanía que a pesar do anacrónico da institución monárquica, unha república burguesa tampouco solucionará os problemas da clase traballadora.

Como sobremesa e colofón queimáronse varios retratos dos reis: do emerito e do activo, do Juanca e do Felipe, do pai e do fillo e do espírito santo. A falta de reis ben valen os seus retratos; menos dá unha pedra (aínda que unha pedra ben dirixida pode dar moito de si). Esperemos algún día poder queimar as súas fotos… dentro dos seus pantalóns. Mentres tanto seguiremos protestando.
E colorín colorado… este conto non se acabou porque os reis seguen felices e comendo perdices, e cobrando comisións, e cazando elefantes, e vivindo campechanamente nos emiratos árabes cun saco de diñeiro saído dos nosos petos proletarios.
Polo de agora só nos queda protestar. Xa virán tempos mellores.
A ver se nos vemos todxs na próxima.

 

Para Pécoras.info por Robinjuz. Tiramos as fotos dxs compas de GalizaContrainfo, que tamén cubriron a protesta.

Leave a comment