Campaña contra a okupación: Criminalizando ao desposuido e victimizando ao poderoso

A crise agudízase, destrúense os empregos e cae o poder adquisitivo dxs traballadorxs. As previsións son catastróficas, moitas familias perderán os seus ingresos, outras verán empeoradas as súas condicións laborais mentres diminúe a renda familiar. Ao mesmo tempo os alugueres non pararon de crecer (falan de máis dun 15% anual) no que moitxs denominan “burbulla de alugueres”.  Pero os medios de comunicación atoparon un chibo expiatorio de todolos males da sociedade; un suxeito  malévolo e daniño que acapara titulares pola súa persistente ameaza do tecido social: xs okupas.

É casualidade que os telexornais, os diarios e os programas de opinión conxuráranse todos ao unísono, xunto cxs políticxs e charlatans conservadores e liberais, para satanizar a okupación? E precisamente agora, cando as masas empobrecidas ven ameazado o seu dereito á vivenda ante a imposibilidade de pagar os alugueiros? Por suposto que non.

De feito a campaña anti-okupas xa vén de lonxe. A total flexibilidade legal á hora de practicar  desahuciuos é un vello soño das entidades financeiras e da clase propietaria. Pero a crise do 2008, e os desmáns dos bancos á hora de desafiuzar ás persoas ás que eles mesmos enganaran con cláusulas abusivas, espertaron a solidariedade popular cxs desfavorecidxs. O movemento de Stop Desafiuzamentos freou en seco os desaloxos, e as clases acomodadas tiveron que retirarse co rabo entre as pernas. Mentres os bancos recibían os seus rescates a fondo perdido, adicábanse a desaloxar familias empobrecidas incapaces de facer fronte ás súas hipotecas… e aínda por riba quedaban endebedadas coas entidades financeiras! A xente saíu masivamente á rúa en defensa dos inquilinos e os propietarios tiveron que agardar a súa oportunidade.

E agora chegou a súa oportunidade . A recuperación económica dos últimos anos disparou o prezo dos alugueiros, esporeados pola irrupción no mercado dos pisos turísticos. Airbnb converteu nun estupendo negocio o aluguer por días dos pisos da costa e das cidades. Evidentemente isto catapultóu os prezos, de tal xeito que axs traballadorxs empezóuselles a facer difícil custear en solitario as súas vivendas. Alugar calquera piso en Madrid sae moito máis caro que o que se percibe de salario mínimo. Mentres as clases máis desfavorecidas perdían as súas posibilidades de acceder ao mercado da vivenda, xs propietarixs acomodadxs engordaban os seus ingresos sacando ao mercado as súas segundas e terceiras residencias. Ou directamente investindo na compra de edificios para poñelos en aluguer. Doutra banda, os bancos rescatados con cartos públicos vían como o stock de inmobles que adquiriran polas execucións das hipotecas dos tempos da crise convertíanse novamente nun negocio suculento.

Pero moita xente que o perdera todo durante os tempos de recesión, e que non puido facer fronte ao incremento do prezo do alugueiro cos seus traballos en precario, viran na okupación un medio de subsistencia eficaz para encarar a súa difícil situación. Eran un estorbo para o libre fluír dos negocios e había que eliminalos da ecuación. Vivenda social? Para que? Sae máis barato criminalizalxs desde os medios de comunicación e obrigalxs a pagar coma todo o mundo.

A campaña non se fixo esperar e no últimos cinco anos é raro abrir un xornal e non atopar unha noticia que fale dalgún pobre propietarix  martirizadx por pérfidos okupas. Xs políticxs énchense a boca falando de semellante lacra social “un día saes a comprar pan e atopas a casa chea de okupas”. Minten descaradamente ao confundir o allanamento de morada (delito severamente penado que se resolve nun só día) coa okupación (que nunca pode ocorrer nunha vivenda habitual). De feito máis de tres cuartas parte das casas okupadas en España (que se calcula que rondarán as cen mil en total) son propiedade de bancos e fondos financeiros. Así que en realidade menos de 25.000  okupacións  son a propietarixs. E desas 25.000 moi poucas delas son propiedade de empobrecidas velliñas da clase obreira, senón que a maioría pertencen a adiñeiradxs especuladores financeirxs ou persoas con  multiples propiedades. Así que a imaxe que os medios de comunicación, xs políticxs e xs cantamañanas mediáticos tratan de coarnos do fenómeno okupa está absolutamente  distorsionada. Ademais de servir descaradamente aos intereses económicos das oligarquías propietarias. Á fin e ao cabo aos medios quen lles paga? A quen pertencen? Pois iso.

Pero a torticera labor desinformadora da prensa leva aparellada outra desagradable consecuencia: Tanto se afanaron en sinalar “mafias okupas”, escuros intereses organizados cos que  demonizar ao movemento  antisitema que okupaba centros sociais; que finalmente terminaron por atraer efectivamente ao crime máis ou menos organizado. Tanto falaron os xornais dun “movemento criminal” que cobraba alugueres por edificios okupados, que finalmente os criminais acabaron por pensar “Joder! Se é tan sinxelo por que non o fago?”. Deste xeito nos últimos anos si que se empezou a rexistrar por parte de macarras e criminais un incremento de prácticas mafiosas de extorsión okupa. Algo que apenas pasaba fai tan só uns poucos anos, cando xa os medios de comunicación denunciaban aos catro ventos as organizacións criminais, de tanto invocalo, acabou por acontecer.

Pero é que agora se achegan tempos moi chungos. A crise galopante traerá aparellada a exclusión de multitude de familias traballadoras. A situación social de necesidade extrema converterá a  okupación no último recurso de moitxs desfavorecidxs. É por iso que tratan de xerar un clima de criminalización desproporcionada que lles permita crear lexislacións anti-okupas e favorecer desafiuzamentos o máis rapidamente posible. Antes de que a crise xere vínculos de solidariedade entre explotadxs que nos permitan combatelo. Non queren que volva pasar como na crise anterior, na que o pobo organizado enfrontouse  exitosamente aos bancos e os seus desafiuzamentos. Por iso pretenden armarse adecuadamente antes do que saben que está por vir. E iso pasa por xerar un clima de hostilidade crecente contra aqueles que expropien colectiva ou individualmente os dereitos básicos que a sociedade lles nega. E eles saben que a okupación é unha arma tremendamente útil nas mans dxs explotadxs. É unha arma do pobo, e o pobo terá tamén que defenderse dxs aproveitadxs que a utilicen para  extorsionar ou para lucrarse cxs máis desfavorecidxs. Esxs só lles dán argumentos ao poder.

Combatamos as mafias, pero defendamos a okupación.

Leave a comment