Unha ollada ao momento actual desde Italia

Achegan esta traducción a que damos difusión:

Editorial da publicación anarquista verde L’Urlo della Terra (O berro da Terra) – Xullo 2020

https://www.resistenzealnanomondo.org/

Nos últimos meses, no tempo de pensar neste novo número do xornal para a súa saída estes días, unha nova realidade se prepara aí fóra. Sempre sostivemos que as tecnoloxías non se apresuran nin fan saltos repentinos, pero hai “excepcións”, “estados de excepción”.

Obviamente, isto vale tamén para outras cuestións que contribúen a destruír e restrinxir as nosas liberdades, pero os desenvolvementos tecnocientíficos e os paradigmas medicalizadores relacionados, son os motores que teñen principalmente esa posibilidade de manipular de maneira profunda e irreversible tanto a natureza como os corpos.

Nos últimos anos, aínda que poderiamos remontarnos moi atrás, as “emerxencias”, reais ou presuntas, foron sempre un modus operandi do poder para facer pasar o inaceitábel, en Italia semella haber unha verdadeira “escola” neste sentido, que daría envexa aos peores despotismos a nivel internacional.

Cos textos que propomos neste número tratamos de reflexionar sobre todas aquelas manifestacións que van máis aló das meras ferramentas e medios empregados, xa que son verdadeiros procesos e tendencias que se despregaron cunha rapidez prodixiosa e non son o resultado dun traballo improvisado ou dun apaño de última hora. Pola contra, o que vimos saír como miñocas despois da chuva é algo que agardaba latente.

E se a chuva non ven, faise que chova ou faise que dúas pingas se convirtan nun chuveiro, e considérase como tal aínda que poucxs se mollasen realmente.

Facía falla algo así como un gran temor pola vida para permitir este enorme trastorno das nosas existencias, que por outra banda debe ser considerado como un comezo. A infección dixital, lonxe de deterse, está a estenderse por todas partes, e xa non con aquelas modalidades que aínda podiamos “cuantificar”, senón con auténticos saltos, inusuais en tempos de normalidade, pero habituais para esta nova normalidade coa que teremos que lidar de agora en diante. Se en tempos “precedentes” os desenvolvementos tecnolóxicos xa eran dificilmente comprensibeis para a maioría da xente, os desenvolvementos actuais sono aínda menos, ou en grande parte non o son en absoluto.

O actual experimento de enxeñaría social xa non espera o éxito do experimento mesmo, senón que cambia o programa e decide nun só movemento, estreitando máis o cerco e facéndo que esquezamos o seu triunfo, facéndonos vivir na esperanza de que ese cerco se afrouxe un pouco. E esta esperanza partíllase entre individuos que están sós, separados e enmascarados. O fetiche da mascarilla superou o seu propósito orixinal de propagar e estabilizar o medo. Inscríbese perfectamente no novo modelo antropolóxico. Coa mascarilla, desaparecen os rasgos e as expresións faciais, redúcese a comprensión e a empatía cara a outrx. Coas mascarillas a xente dedicouse máis a mirarse, pero non é por un espírito de solidariedade como algún pensou erroneamente, é para recoñecer na outrx a mesma conformidade.

Estes pasos son fundamentais, porque ese percibir distanciado dificilmente se erradicará, mesmo cando xa non sexan necesariamente obrigatorias as mascarillas. Unha vez inculcado o medo o principal está feito. Que é en realidade un microchip, unha vida escaneada e vixiada regularmente, ante un perigo para a saúde? Xa en moitas fábricas se está adoptando para o distanciamento o brazalete electrónico ou o rastrexo por RFID, estes últimos empregados xa antes, pero con moita discreción. Agora, o novo temor fíxo esquecer o control empresarial e o rol do patrón, pode ser que talvez non esteamos todxs no mesmo barco? Máis grave, de feito gravísimo é o que está acontecendo no mundo da infancia, empézase como en Varese cos brazaletes e outras próteses electrónicas desde as garderías e centros de verán. Constrúese unha sociedade na que nenas e nenos se afán ao distanciamento social, na que se minan as bases da empatía, das relacións, da solidariedade. É impensábel que todas estas medidas non se utilicen máis que para a “emerxencia finita”, pasarán a facer parte da normalidade, nun mundo preparado para as pandemias.

A cousa principal é como outra vez xogan coa voluntariedade: destruir un pouco da nosa liberdade, ou mellor, donarlla ás compañías para ter máis seguridade –antes–, e agora tamén máis saúde.

Coas apps de rastrexo do virus ampliaron o que levan facendo desde vai moito tempo no campo da vixilancia coa plena colaboración das compañías dixitais e telefónicas. Despois do asasinato de Floyd pola policía nos Estados Unidos os disturbios que estouparon foron reprimidos tamén empregando o rastrexo de apps para o coronavirus que moitxs descargaron nos smartphones, simplificando o traballo policial.

O período de confinamento polo menos aquí en Italia amosou toda a súa natureza securitaria, o aparato non se dedicaba a loitar contra o virus, senón que se dedicaba, con fins preventivos, contra calquera forma de disidencia, aínda que fora leve, que puidese manifestarse.

Foi ensordecedor o silencio de tanto antagonismo de esquerdas, anarquista, feminista…, quitando algunhas excepcións, que confundiu un bo sentido da responsabilidade, sobre todo ao principio, coa responsabilidade modo obediencia impostaa nivel institucional. Tamén houbo non poucos casos de centros sociais e espazos ocupados que reinventaron os espazos como a ministra Azzolina quere facer para a nova escola a distancia.

Seguramente era evidente, para aqueles que tiñan ideas máis claras sobre o que estaba a suceder, que os contextos de loita non estaban preparados, aínda que só fose para facer circular os pensamentos disonantes. Volcámonos en Internet, pero se tuvera habido unhas limitacións ou unha censura máis fortes –talvez co sistema habitual de camiños cruzados como coa caza das chamadas Fake news– qué se podería ter empregado como instrumento de difusión? Teríamos impreso carteis e folletos, pero con que máquinas?

Tantas preguntas que necesitarían respostas e reflexións serias, sen esperar sempre estar no contexto no que os aparatos estatais-médicos-dixitais declaren a enésima emerxencia, que tarde ou cedo non tardará en chegar.

Dentro dos límites das nosas forzas teremos que tentar comprender o que está a suceder, sen necesidade de grandes fatigas intelectuais, o aparello tecno-científico que realmente establece as directrices a seguir xa explicou claramente o que quere facer e cales son as súas intencións para o futuro próximo. As etapas intermedias, como por exemplo as vacinacións masivas contra a gripe, poderían representar xa algunhas novidades, ás que se seguirán moitas outras.

Atopar a complicidade para resistir todo isto segue sendo o factor máis difícil, sempre que non penses que podes loitar contra todo so/a á espera de “afinidades electivas” que nunca chegan.

O momento actual trae ao campo algo que non se tería pensado nunca antes, a razón simple disto é a conciencia do que se está delineando hoxe: sen precedentes e cunha determinación tan forte por parte deste sistema en conseguir os seus obxectivos.

Que a expectativa dun movemento de masas non se converta nunha escusa para non moverse en grupos de poucxs ou pouquísimxs, e que os movementos de masas privados de conflitividade non se convirtan en lugares onde agochar a propia inercia.

Bérgamo, xullo de 2020

Leave a comment