Activistas feministas ocupan edificio do governo na Cidade de México

Activistas feministas están a manter ocupado edificio do governo na Cidade de México demandando por xustiza das suas familiares vítimas da violencia de xénero.

Cumple máis dunha semá dende que indignadas pola impunidade, mulleres afetadas pola violencia machista e colectivas feministas ocuparon o edificio da Comisión Nacional de Dereitos Humáns na capital mexicana. Agora chama-se a Okupa “Casa de Refugio Ni una menos” e alberga ao redor de 15 familias de diversos estados que atopanse na capital mexicana para tentar resolver os casos das súas familiares vítimas.

Todo comenzou o pasado mércores 3 de septembro cando dúas mulleres afetadas, depois de teren unha reunión cos funcionarios de dito organismo internacional, decidiron encadearse á sala de xuntas da sede ata cas suas demandas foran atendidas .Posteriormente outras 20 persoas que manteñen un plantón dende fevreiro denunciando a nelixencia das autoridades fronte a Comisión Estatal de Atención a Vítimas se sumasen á protesta ao igual que colectivas feministas que foron contactadas por estas dúas mulleres.

O venres 5 de septiembro as diversas colectivas  decidiron desaloxar aos funcionarios públicos que continuaban traballando para trocar as instalacions nun “verdadeiro lugar de defensa dos dereitos humans”. A  toma procedeu a restauración das paredes do edificio con aerosol onde se leen frases como “ni perdón, ni olvido”, a eliminación das letras prateadas da comisión na entrada para colgar unha manta cun novo nome do espazo, asim como a remodelación dalgunhas obras de arte con imáxes de heroes patrios tales como Francisco I. Madero o José María Morelos. Estes lenzos  atópanse actualmente en subasta para repartir o recaudado cas familias que están a esixir xustiza na capital mexicana.

Fartas de dialogar con diversos organismos  de xustiza do Estado sen obter unha resposta e nun país no que o promedio ten 10 feminicidios por día, ocupa o primeiro lugar de engravided infantis entre os países da OCDE e há miles de desparecidxs, estas mulleres decidiron toma-las instalacions do dito organismo público para trocalo nun centro de acopio, asím como nun sitio onde os familiares das vítimas dos diferentes estados da república podan pasar a noite mentras procuran atención ás súas demandas (moitas delas por meses), xa que a CNDH dí que non conta con recursos para dar  o apoio económico ás persoas que buscan axuda fronte a impunidade que se vive por parte dos burocráticos organismos de xusticia do Estado Mexicano.

Ante estos feitos el presidente da República Mexicana Andrés Manuel López Obrador expuso na sua conferencia de maña o pasado 7 de septiembre:

“Respeito toda-las manifestacions mais non estou dacordo ca violencia, no vandalismo non estou dacordo, ao que fixeron á fotografía, a pintura de Francisco I. Madero creo que quen coñece a historia deste loitador social sabe que debemos de gardarlle respeito”

Ao  que Yesenia Zamudio, mai de María de Jesús Jaime Zamudio, vítima de feminicidio e parte da coletiva Frente Nacional “Ni una menos” respondeulle:

“Se non está dacordo con que pintaramos o seu cadro, pois eu non estou dacordo con que me mataran a miña filla e ten 5 anos que ninguén me fai caso. e fai 5 anos que non teño apoio de ninguén, nin de Olga Sanchéz Cordero, nin do señor presidente, porque como eu non son a mai do Chapo, pois a mín non me ven a saudar, non me saúda. Entón si a él  gustalle tratar con delincuentes, pois así nos vamos a tratar. E se Rosario Piedra (directora da CNDH)  dí que somos terroristas, pois que non nos provoque. Queremos a renuncia da señora Rosario Piedra. Esiximos a sua renuncia inmediata. Se non, vamos a seguir tomando instalacions de Dereitos Humáns de todo-los estados de México. Vamos a seguir tomando instalacións”.

A pesar de que há diálogo entre funcionarios da CNDH, o Estado e as colectivas, Olga Sanchéz Cordero, Secretaria de Gobernación, instou aos familiares procedentes das entidades federativas fora da Cidade de México a voltar aos seus estados e a insistir ás súas autoridades locais correspondentes.

Diversas colectivas de todo o país deron resposta ao chamamento de axuda das compañeiras feministas. Se tomaron as instalacions das Comisions Nacionales de Dereitos Humáns dos estados de Veracruz, Aguascalientes, Michoacán e o Estado de México. Esta última localizada en Ecatepec, o estado con máis feminicidios de todo o país, foi desaloxada con violencia a noite do 10 de septiembro por forzas da policía do Estado de México e a Garda Nacional. Houbo mulleres detidas, entre elas menores de edade e unha muller en estado de gravidez. Todas ficaron en liberdade a tarde de onte.

Se as institucions  funcionaro como mecanismos para re vitimizarnos a digna rabia que provoca a opresión de todo o sistema  nos convoca á desovediencia civil. En México hoxe la rebeldía ten corpo de muller e nos reclama en defensa da vida, lembranos ca nosa unión é a nosa forza. Nengún edificio u obxeto inanimado podese comparar cunha vida humana ou miles, millóns. Alto ao abuso policial, a complicidade patriarcal, a neglixencia burocrática, a falta de ética da sociedade que condena. Basta de facer ca dor un circo ou un negocio. Basta de matarnos. Nen unha menos. Moita forza e amor compañeiras.

Para Pecoras.info por Remedios Vzanga

Fuentes:

https://sinfiltro.news/2020/09/08/por-que-colectivos-feministas-tomaron-la-cndh/

https://www.milenio.com/politica/sede-de-cndh-sera-de-feministas-para-verdadera-defensa

https://www.sinembargo.mx/08-09-2020/3855867

https://www.jornada.com.mx/ultimas/sociedad/2020/09/09/reclamos-de-feministas-son-legitimos-sanchez-cordero-4854.html

Leave a comment