A febre do litio

Estamos comenzando a percibir o resultado duma nova refundación do sistema capitalista. A chamada nova normalidade non é máis que iso, a adaptación da sociedade a una realidade que de facto xa mudou… Fai vinte anos era impensable una sociedade na que o control dos nosos movementos, impulsos, desexos, estivese monitorizada nunha nube de información que pasou a ser o recurso de máis valor do mundo. Este feito facía palpable a perdida de liberdade individual, mais tras a implantación dun estado de alarma global, esta perdida de liberdade transcendeu a uma forma colectiva. Assistimos impasibles a implantación do fascismo. É o peor de todo, sen argumentos.

O litio converteuse num elemento de primeira necesidade para o mercado. O esgotamento ampliamente difundido dos combustiveis foseis, deu paso a uma oportunidade única para reconstruir a industria do automovil e do transporte, baixo a premisa do ecoloxismo virán a destruir terras que hoxe son os máis fermosos reductos de diversidade autóctona do oeste da Europa. A beira e foz do minho, a serra do Xurés, a terra de montes; serán se os seus habitantes non o impiden, a materia prima duma maquinaria industrial europea que non pode nin quere depender de Asia e America para o seu desenrolo.

Estamos a experimentar cambios profundos que venhen a velocidade do lóstrego. O que fai que aparvada a populación a que nos afecta non sexamos capaces de reaccionar. O plan xa leva anos feito .

E pasa por tres etapas:

1)     a extractiva, facer un monte de minas no oeste da europa, tratase de facer (segundo a alianza europea para as baterías) uma minaría low cost. Debido a posible oposición da xente que habite estas terra, fai falta facer uma chea de proxectos mineiros, se agora non funciona na serra d`a Arga, pode comezar por lugares máis despoboados e empobreccidos, coma Doade ou Matosinhos. Tratase dunha ofensiva en toda regra a nivel estratéxico

Para facerse uma ideia só en Portugal durante o Coronavirus aprovaronse 16 concesións mineiras (14 para prospección). O cual amosa a fervre que hai por este novo ouro.

O caso de Doade e clarificador, tenhen terreos comprados há máis de 12 anos (as primeiras compras do chamado proxecto Alberta 1) se non se autoriza o ceo aberto pois comezarase ca “minaría sustentabel” e dicir subterránea, algo a todas luces non rentavel a curto prazo, mais que lles pon un pé dentro, para depois desenrolar a mineria a ceo aberto nas outras concesións. (Alberta 2 e 3) o que sí que daríalhes a ansiada rentavilidade a dez ou quince anos.

Outro caso tamén curiosos e máis desapercivido e o da santa comba, no que están a extraer niquel duma antigua mina de wolgframio (Castriz). As novedosas máis ainda perigosas baterias litio-niquel permitirían uma grande almacenamento de enerxía, mais tenhen o perigo de expludir a temperaturas non moi elevadas. O interesante do caso e que foron quen de facelo sen oposición e sen chamar a atención, o cual demostra o sinxelo que pode resultar facer minaría nesta nosa terra.

2)     O refinado: Un porto que a sua vez sexa refinería de litio; Debido a rivalidade historica fomentada polos España e Portugal, é doado fomentar o pique de saber quen fica cuma refinería que supostamente daría un costo extra a producción de hidroxido de litio. Asemelha que Leixois-Matosinhos que ja ten uma refineria na que sacyr (constructora que ten investido o 50% da mina de caceres) acaba de facer uma remodelación. Podería ser o sitio máis axeitado para tratar o litio das minas diseminadas por todo o oeste Iberico.

Verín e Vigo serían outras opcións nunca descartadas para esta refinaría en caso dum improvavel rexeitamento por parte das autoridades marítimas portuguesas ( o secretarío de estado para a enerxía en Portugal xa falou de canto lle gustaría ter a refinería en leixois).

·3) A fabricación: Segundo esta alianza europea para as baterías, debería de haber de aquí a 25 anos máis de 30 fabricas de en toda a europa, o certo é que actualmente só hai en construcción uma. E está na polonia. Suponse que en tres anos estará en funcionamento e dará cobertura as fabricas de carros da alemana mercedez.

A oposición a estes proxectos conta con serias limitacións propias das loitas veciñais, que farán dificil que se logre parar este “progreso”.

O localismo, o aquí non. Obviamente ninguén (ou case) quere que lhe fagan uma mina na beira da casa. Máis parece case extendido que precisamos das novas tecnoloxías para sobrevivir, o cual pode trocar estas luitas en algo escorregadizo, uma pataca quente que se pasa entre vicinhos ou entre países. Este localismo mal entendido pode que faga mal a propia loita, que pode ser tildada de egoísta. Só dende uma defensa da terra global, coa unión en contra da devastación ambiental, transfronteiriza e interviciñal, se poderá avanzar e confrontar un inimigo tan poderoso.

O ecoloxismo moderno. Outro freo na nosa loita. Como defender o non o litio, se se usan os telefones móveis. A nova refundación capitalista, verde e aseptica, vende a súa tecnoloxía como inocua, que non ensuxa, limpa. Nada máis falso. Non e xusto que vendan África e America máis a vella europa non se toque. A nosa loita debe pasar por uma desescalada do consumo, tanto tecnolóxico coma non. Algo invendible para o capitalismo, que precisa dun crecemento constante para sobreviver.

Esta desescalada non se debe confundir con involución. Todo o contrario se trata de evolucionar como individuos cara relacións reais, virtuais ou non, de trabalhar co que temos e de partilhar. Non de procurar tecnoloxías que nos controlan e isolan individualmente, e que dan un poder quase ilimitado a novas empresas que controlan esta tecnoloxía.

A crise económica que se avicinha, que fará que a clase obreira, que xa de por si está en proceso de descomposición sexa receptiva a procurar postos de trabalho a calquer prezo, e faga parecer como inconscientes a quen se opoña a ter dúas ducias de postos de trabalho en troque “un montinho e dous regatos”.

Como remate a estas contradiccións que fan dificil esta loita, está a diversidade e heteroxenidade dos suxeitos que poden estar en contra deste desenrolo mineiro. Que en sí non ten que ser un problema, máis o é pola falta de comunicación entre estes sectores. Un exemplo claro son os cazadores, pescadores, labregos, gandeiros, recolectores de cogumelos e activista. Obviamente todo-los primeiros serán os máis afectados pola implantación da mina, máis ou non están o suficientemente enterados, ou de momento parece que non están a axir, e menos de maneira conxunta.

Inda que danse todas estas eivas, non hai que desanimar. O cluster mineiro ten claro o futuro que quere ter na europa. E xa se están dando as primeiras mostras contrarias a mineria de litio. Matosinhos, serra d`Arga, Cáceres, Doade. En todas estas terras hai oposición activa a os proxectos mineiros que se queren facer. E é positivo. Da unión destas loitas depende que se paren ou non estes proxectos. De dotar a unha ideoloxía anticapitalista a estas loitas depende que o futuro sexa duma ou outra maneira. E uma guerra a longo prazo, agora e o momento de prepararse, armarse de ideas, de lazos de amizades, de ferramentas de organización que permitan que se loite sen caer en liderazgos e autoridades, sen ser recuperabeis polo sistema. Dende o local mais sen localismos egoistas.

Dende o corazón e o amor a terra.

Remedios Uranga

Leave a comment