A Fiscalía Xeral insta o desaloxo das okupas

A campaña mediática de criminalización da okupación comeza a dar os seus froitos. Hoxe soubemos pola prensa que a Fiscal Xeral do Estado (a “socialista” Dolores Delagado) emitiu unha circular destinada a axilizar os procesos de desaloxo. Ordena axs distintos fiscais solicitar axs xuíces medidas cautelares (o desaloxo dxs ocupantes) desde o inicio dos procesos. Xa non será preciso identificar xs okupas se x donx do inmoble acredita a súa propiedade.

Semella que empeza a surtir efecto a campaña de deslexitimización da okupación desatada dende a maioría dos medios (des)informativos do estado español. De feito, o documento da fiscalía alude á “especial preocupación social” e a unha “inegable sensación de inseguridade da cidadanía”. Pero resulta que á cidadanía a okupación non lle precupaba demasiado ata que os mass media, sen que se rexistrase un incremento do fenómeno que o xustifique, iniciaran unha campaña de desprestixio salvaxe e sistemático. Durante o último ano multiplicáronse  exponencialmente as noticias pexorativas ao respecto. Con todo, os datos estatísticos non parecen apoiar semellante alarma prefabricada: En españa estímase que apenas haberá unhas 100.000 vivendas okupadas, das que tres cuartas partes son de bancos e “fondos buitre”, e que das 25.000 okupacións restantes a maioría son propiedade de persoas adiñeiradas e especuladores inmobiliarios. Datos inferiores aos da última crise financeira.

No documento tamén aluden a “colectivos organizados que inciden nestas condutas, convertidas en ilícitas e moi lucrativas empresas inmobiliarias do alleo». Algo que os medios de comunicación tamén axudaron a xerar, pois non foi ata a repetición constante e reiterada do mantra das “mafias okupas” que, de tanto repetilo, acabaron por invocalo. Atraídos polo “lucrativo negocio” que a televisión e os xornais aseguraban que escondían as okupacións, os delincuentes e os macarras apareceron efectivamente onde antes aínda non estaban.

Pero o colofón do despropósito é cando a fiscalía fala, como o faría Ana Rosa Quintana, sobre “os problemas de convivencia a que poden dar lugar na contorna social no que as mesmas se producen”.  Coma se ese tipo de problemas derivase do feito mesmo da okupación. Ou é que esxs okupas que dan problemas serían excelentes veciñxs no momento en que empezasen a pagar o alugueiro? Ou quizá, se non houbese okupacións, esa xente problemática desaparecería da face da terra estalando nunha nubecilla de cor rosa? Porque xs veciñxs okupas que dan problemas, aínda que non okupen, seguiran dando problemas. O mesmo dará que teñan a vivenda en propiedade, aluguen ou vivan debaixo dunha ponte, se tiñan convivencia problemática de okupas, o problema non desaparecerá despois do desaloxo

A descarnada realidade é que o sistema capitalista sabe que se achegan tempos difíciles: dentro de pouco rematarán os ERTEs e as axudas públicas e moita xente non poderá seguir pagando os prezos das súas vivendas, disparados pola “burbulla do alugueiro”. Nese momento axs pobres e desposuídxs só lles quedará okupar. Xs ricxs sábeno, e pretenden crear un clima de hostilidade social que lles permita aprobar leis coas que blindar os seus investimentos, as súas propiedades e as súas manobras especulativas. E hoxe asistimos ao triste espectáculo de ver como os pláns lles sáen a pedir de boca.

Outra vez nola están colando. Agora o pobo aplaude, enganado, as leis que mañá servirán pra botalo da casa.

Chegan tempos duros, temos que poñernos as pilas.

 

Deixamos aquí o enlace o documento da fiscalía, que nós aínda non estudamos en profundidade. Seguiremos informando.

Leave a comment