Festa 5º aniversario do CS A Comuna

Este sábado 19 e mailo seguinte 26 celebrarase o quinto aniversario do Centro Social A Comuna.

Xa son cinco anos nos que a asemblea comuneira brindounos palestras, proxeccións, concertos acústicos, presentacións (de colectivos, revistas, libros, documentais…) e un espazo de reunión pra outros movementos sociais.

Así pois, dendei aquí facemos eco desta oportunidade pra reencontrarse con compañeirxs ou coñecer o espazo se aínda non fuches e desfrutar de algo de música en vivo.

Leave a comment