Marcha á prisión de A Lama

Onte, sábado 26 de setembro, algo máis de medio cento de persoas de toda galiza reunímonos nas proximidades da prisión pontevedresa de A Lama. Queriamos amosar a nosa solidariedade coas persoas presas e o noso común rexeitamento á institución do encerro; especialmente nestes tempos de pandemia, nos que as deficiencias sanitarias e as arbitrariedades da política penitenciaria agravan as difíciles condicións dxs reclusxs.

Percorremos a pé o último tramo do camiño ao presidio, amparados tras das faixas “Ogallá a vindeira pandemia sexa a liberdade. Presxs a rúa”, “dobres muros non frean enfermedades. A saúde é un dereito de todas. Abaixo as torturas” e “Liberdade independentistas”, reflexo da pluralidade de sensibilidades antirrepresivas. Unha vez fronte ao infame edificio penitenciario buscamos monte arriba os lugares desde os que mellor nos puidesen ver xs internxs. Desde alí comezou un diálogo de berros e consignas cxs presxs, algunhxs dxs cales axitaron bandeiras e trapos en resposta ao noso esforzo solidario. Tamén tiramos petardos cos que facernos oír nos módulos máis afastados.

Os corpos represivos non puideron aturar a tremenda insolencia de achegar calor humana xs represaliadxs do sistema, así que identificaron a varias persoas acusadas do lanzamento de petardos. Uns petardos absolutamente legais, que podes mercar sen problema ningún en calquera tenda, e que se empregaron unicamente para facer ruído a considerable distancia dos muros do presidio. Con toda probabilidade pagaremos caro o noso atrevemento con cuantiosas sancións administrativas.

Rematado o acto desprazámonos ao pobo de A Lama onde, tras unha comida de confraternización,  reunímonos en asemblea. Acordamos, entre outras cousas, comezar os preparativos para a XXI Marcha á prisión de Teixeiro, fixando a data para o vindeiro 19 de decembro. Onde reunirémonos de novo para continuar a loita.

Con bo sabor de boca voltamos para as nosas respectivas localidades, dispostxs a afondar e estender a loita antirrepresiva e as redes solidarias.

Vémonos en Teixeiro!

 

Convocatoria da mani, cartaz e panfleto -Aquí.

Leave a comment