Panfleto Antifascista Okupas Palavea

Panfleto sobre os okupas mafiosos de Palavea difundido por Acción Antifascista A Coruña:

OKUPAS SI, MAFIOSOS NON. FÓRA MACARRAS DE PALAVEA!

Desde hai máis dunha década que o barrio popular de Palavea coñece o fenómeno da okupación. Durante todo ese tempo a convivencia foi máis ou menos tranquila. Pero hai menos dun ano un par de traficantes de droga instaláronse no número 56 de Palavea Vella, expulsando a golpes aos anteriores inquilinos (tamén okupas como eles e en situación de extrema vulnerabilidade). Desde entón sucédense as ameazas, os roubos, as malleiras e as extorsións, colonizando pola forza outras vivendas okupadas da veciñanza para logo alugalas en beneficio propio ou utilizalas para producir e traficar con drogas.

Malia que desde o barrio denunciouse a situación en múltiples ocasións (mesmo con protestas e manifestacións) a policía non fai nada nin ofrece solucións. A ofensiva mediática contra a okupación atópase no seu punto álxido, e este tipo de mafiosos violentos favorecen a campaña de desprestixio contra todo o movemento.

Tras das protestas veciñais a situación agravouse: á inseguridade crecente, os atracos e as prácticas extorsivas sumáronse as persecucións, ameazas e malleiras. Unha moza que okupaba outra vivenda (e que non lles pagaba) foi violada por parte dun amigo destes macarras. Neste caso á policía non lle quedou máis remedio que actuar, pero a convivencia no barrio aínda sufriu un maior deterioro con novos episodios de violencia.

Desde Acción Antifascista Coruña sabemos que este tipo de problemáticas abusivas por parte de depredadores sociais non están necesariamente ligadas ao fenómeno okupa. A mala convivencia con macarras e mafiosos non depende de se pagan ou non o alugueiro; xa sexan okupas ou teñan a casa en propiedade, a relación veciñal con indesexables sempre será problemática. Pero como obreiros e antifascistas vémonos na obriga de protexer os nosos barrios e á nosa xente. Cando a policía e as institucións impulsan e acubillan ás mafias para favorecer a súa cruzada anti-okupas é cando debemos enarbolar a autodefensa organizada da clase traballadora. Os antifascistas conscientes e combativos nunca poderemos aturar os abusos nin as extorsións nos nosos barrios. E moito menos en beneficio da axenda neoliberal  e capitalista dos bancos e dos “fondos buitre”; que tratan de aprobar leis anti okupa que non solucionarán os problemas de convivencia dos veciños, pero si servirán á axenda represiva dos grandes propietarios.

Coa catastrófica crise que se nos ven enrriba a okupación será o último recurso de multitude de familias desfavorecidas. Non permitamos que catro mafiosos, ao involuntario servizo de banqueiros e empresarios, arruínen a última ferramenta  habitacional das clases empobrecidas.

OKUPAS SI, MAFIAS NON!

CONTRA O ABUSO,  AUTODEFENSA OBREIRA.

MACARRAS FÓRA DE PALAVEA!!

Acción Antifascista A Coruña Facebook -Aquí e Twitter -Aquí

Leave a comment