ELABORACIÒN DE MÁSCARAS RITUAIS

As máscaras apareceron desde tempos remotos en moitas culturas, nalgunhas teñen un sentido
cargado de poderes sobrenaturais. Noutras expresan un sentido máxico, relixioso ou cerimonial. O
certo e que observandoas podemos dar conta de que as mascaras simbolizan necesidades, medos
e inquedanzas da comunidade que as crea. Tamen representan o desexo de ocultarse e a vez
presentarse ao mundo transformadx, agochando unha identidade para descubrirse noutra
diferente. No noso caso, no proceso de elaboración destas mascaras, mergullamos no trance de
recoñecernos como artistas, como entes creadoras para ocupar o tempo-espazo no que cadramos
, asi como os coñecementos compartidos, xerando na praxis a ideoloxía de: a catarse como medio
para crear arte que habita en todes.
O proceso creativo e integrador, involucra unha poetica na que se practica o facer-sentir-pensar. A
arte non acontece nun tempo lineal, e mais ben un instante apaixoado que se transforma nun
longo momento intuitivo cheo de ensoñacions que parten dunha viaxe cara a nosa imaxnación,
polo tanto podemos dicir que en tempos onde o inconsciente e oprimido por unha realidade que
se presenta como única e que obriga a calar, a arte e sanadora, pois rompe coa loxica cotia para
crear novas realidades e xerar imaxes poeticas propias.
Nestes momentos de incertidume invocamos a mirarnos cara dentro, nas profundidades do noso
ser, xa que cremos que mais que enredarnos ou entreternos vendo aparellos electrónicos, o que
precisamos e exercer o noso poder creativo para asi lembrar que somos capaces de crear outro
mundo.
Catarse para os antigos gregos significaba a purificación das paixons do animo mediante as
emocions que provoca a contemplación dunha situación traxica. No dicionario defineno como
“liberacion ou eliminación dos recordos que alteran a mente ou o equilibrio nervioso”.
Por ultimo diremos que esta non e unha receita de cociña, e mais ben unha exploración interior e
por ende todos os resultados son validos. Ti que les, fagas o que fagas, es un ser creadorx.

Elaboración de Máscaras Rituais
As variantes de tecnicas e materiais para facer unha mascara poden ser desde pedra, arxila,
ceramica, metal,etc. Todo depende do que cada un “descubra” observando ao seu redor e o que
queira realizar. Nos usamos todo reciclado ou material que atopamos na horta ou na cociña, para
iso de que non haxa pretexto, a excepción das cores, que tamen poderian ser feitas de pigmentos.
Para a elaboración utilizaremos a tecnica da cartoneria e papel mache coñecidas en diferentes
partes de Latinoamerica para facer artesanías.

MATERIAIS:
-Cartón
-Pintura branca, negra, azul, vermella, amarela
-Tesoiras
-Fariña
-Arame
-Pinceis
-Papel de xornal
-Cinta de pintor
-Grapadora
-Pegamento branco
-Fio gordo
-Fibras naturais, plumas

 

PROCEDEMENTO
1) Busca imaxes de mascaras para facer idea do que che gustaría facer, ou deseña unha. Ten
conta que as mascaras con volume tardan mais tempo que as mascaras planas.
2) Corta en tiras o xornal cun ancho de aproximadamente 8 cm.
3) Facer engrudo: 1 taza de fariña por 2 de auga (farás varias veces engrudo durante o proceso
con diferentes consistencias). A consistencia debe ser un pouco espesa ao principio. Ferve
auga nun cazo pequeno, e vai engadindo a fariña pouco a pouco, mentras mesturas ben para
desfacer os grumos.. Unha vez obtida a consistencia, apaga e deixa arrefriar.

4) Da que arrefria o engrudo collemos un anaco de cartón (un pouco rixido) que sexa mais
grande ca nosa cara e trazamos un ovalo coas medidas do noso rostro, que servira como base
para traballar. Nese ovalo corta os ollos e a boca. Ao lado de cada ollo fai un buratiño para
pasar o fio gordo e tensao un chisco para deixar o carton en forma concava. Non o cortes, ao
final a servir para colgar a mascara.

5) Coas tiras de papel e o engrudo xa frio, damoslle unha capa ao noso ovalo, usando o engrudo
como se fora pegamento. Non e preciso poñer moito engrudo para colocar o xornal, pois
tardaria moito en secar. Hai que ter conta de non tapar os buratos dos ollos, nin os da boca.
Dar outra capa igual. Despois deste paso, toca deixar secar as mascaras.

6) Pasadas unhas horas cando a tua cartoneria esta seca, define a forma da tua cara, ben sexa
alongada, redonda, triangular ou mais grande que a base. Cun carton delgado (flexible) traza a
figura, cortao e xuntao a tua base axudandote do xornal e do engrudo. Dalle un par de capas
mais a todo para que quede firme. Debes ter paciencia. Lembra: entre capa e capa hai que deixar secar. Cada capa daralle unha consistencia mais rixida. A mascara ten que quedar
uniformemente cuberta de xornal con engrudo.

8) Si utilizarás papel mache coloca el cartón en agua; debe ser poroso tal como el del huevo. Se
busca tener una consistencia parecida a una masilla; córtalo en pedazos pequeños. Esta sirve
para dar volumen y determinar detalles cómo ojos, boca, pómulos, etc. También da textura a
la base. Si tu máscara es completamente plana y no agregarás nada más continúa al paso 10.
9) Se a tua mascara ten cornos, lingua, nariz ou ollos grandes, e o momento de facelos con xornal
ou carton fino (flexible) corta a forma, axeitaa e unea a base. Engadelle a todo unha capa de
engrudo e xornal. Deixaa secar.

10) Unha vez rixida e seca podes comezar a poñer o papel mache nas partes determinadas.
Expreme o carton. Fai mais engrudo, esta vez mais augado. Coloca unha pequena capa antes
na zona. Mergulla o papel mache no engrudo, con esa consistencia chiclosa vai axeitando a
zona de volume. Lembramos que este paso e OPCIONAL. Se escolles darlle volume a carauta
con papel mache podes deixar a textura rugosa. Se che parece moi grosa e queres algo mais
fino, podes ao final engadirlle outra capa con tiras de xornal. No noso caso, escollemos
poñerlle unha capa fina de arxila e cal. Hai que deixar secar tempo abondo ata que o papel
mache seque ben, para que fique duro.

11) Daselle unha capa de pintura branca a todo, definindo detalles ou características da mascara
para continuar coa cor. As nosas teñen palma na cabeza e algun follato, para facelo, furamos
os puntos que usamos de guias. Tal e o caso dunha, onde pasamos palma a palma por cada
burato asemellando o cabelo, mais tamen poden pasarse fios para aguantar, ou arame para
xuntar todo o pelo nunha soa peza.

12) Ten conta que facer unha mascara e diversidade. Cadaquen atopa o seu xeito. Nos escollemos
os ollos de deus (unha tecnica huichol que usa madeira e estambre) nos buratos dos ollos.
Podes so pintalos. No caso do penacho, nos usamos follato e grapamolo na extremidade do
carton fino dos primeiros pasos. Tamen se poden engadir detalles como plumas, brincos, facer
bigodes ou barbas con fibras naturais…


13) Este e o paso no que usamos pintura acrilica, oleo ou pigmentos e deixamos sair a nosa parte
creativa relacionada co mundo das cores. Neste momento afinamos detalles, sombras,
definimos boca, nariz ou o que queiramos acentuar da nosa mascara.
14) Para un traballo mais pulcro, ao rematar daselle unha capa de xornal e engrudo pola parte de
atras. Pintase de branco ou dalgunha cor (isto e so para darlle un acabado tamen na parte que
non se ve) Podes cambiar o fio traseiro por un arame ou deixalo, ten a funcion de colgala.
15) Para fixar a cor asi como o traballo un capa de pegamento branco con auga ou barniz servira.

Para terminar queremos convidar a artista que todes levamos dentro a unha viaxe introspectiva. Sera un
proceso interno que implicara unha alquimia de redescubrimento do potencial creador inherente
a cada ser vivo, onde a mestura das nosas emocions e a nosa intuición coas nosas mans nos daran
un elixir producto da nosa catarse que producirá unha sensación de expansión da conciencia. A
catarse e o momento onde as veces nos sentimos mais vulnerables pero tamen onde radica o
poder de crear e o transformar.


Por ultimo contemplemos as nosas mascaras, froito da nosa intuicion, razon, linguaxe verbal e
simbolica. Deixamos sair fora o oculto que habitaba en nos. Continuemos re descubrindonos e
autoeducandonos.

“O MUNDO QUE PINTO EU NON SEI SE O INVENTO, PENSO QUE MAIS BEN E ESE
MUNDO O QUE ME INVENTOU A MIN”
Leonora Carrington

 

 

Leave a comment