Alegacións contra a mina de litio en Cerdedo

Continúa a autoorganización popular contra a mina de litio Alberta I. A plataforma “SOS O Suido Seixo” convocou unha concentración no día de onte, diante do concello de Cerdedo, para apoiar a entrega de alegacións en contra do proxecto extractivo. A semana anterior fixeron o mesmo no concello de A Lama e a vindeira será no de Forcarei, presentando instancias contra a falta de informe de impacto ambiental dun proxecto mineiro con claras repercusións nos ecosistemas da zona.

Alberta I é unha das puntas de lanza da explotación do litio en territorio galego. Comezou a principios do presente século por parte de multinacionais mineiras canadienses e foi cambiando de máns (ou polo menos de nomes) o longo das duas últimas décadas ata pasar, na actualidade, a empresa “Recursos Minerales de Galicia S.A.”. Pretenden explotar un terreo de 1700 hectáreas nos concellos de Avión, Beariz, A Lama, Cerdedo-Cotobade e Forcarei. Algúnhxs veciñxs da zona estanse a organizar contra o proxécto, paradigma dos novos derroteiros do capitalismo depredador e ecocida que atopa no litio un imprescindible recurso na elaboración das baterías de nova xeración.

Onte xuntáronse diante do concello de Cerdedo varias dúcias de persoas, armadas con faixas contra a mina, para respaldar a xente que cursaba as alegacións. A semana que ven a protesta repetirase nas dependencias municipais de Forcarei.

Máis información sobre esta mina neste blog -Aquí e sobre a minería de litio en Galicia e no norte de Portugal -Aquí  e -Aquí 

Leave a comment