Campaña pola visibilización das persoas presas durante a pandemia

O pasado xoves nos Xulgados de A Coruña varios compañeiros e compañeiras organizaron un punto informativo para visibilizar a situación actual das persoas presas e as súas familias respecto á Covid. O acto consistiu en sacar unha faixa co lema “COVID + CÁRCERE DOBRE CONDENA” e repartir octavillas explicando cómo se están a vulnerar aínda máis os dereitos das persoas presas cancelando os vis a vis, a desatención sanitaria (nada novo nas prisións) e demandando a excarceración das persoas máis vulnerables (maiores de 60, embarazadas, enfermas…), como se ven facendo noutros países. Na mesma octavilla convócase á Marcha ao Cárcere de Teixeiro o 19 de decembro (ás 11h dende a gasolineira da n-634, km 663, Curtis), con posterior xantar e encontro aberto.

Tamén se repartiron octavillas comentando a situación de compañeiras represaliadas nunha das Marchas solidarias a Teixeiro, cuxo xuízo está próximo.

Este sábado 7 ás 18:00 volverá a ter lugar un punto informativo en A Coruña ó carón do teatro Rosalía de Castro (Rúa Real – Riego de Agua) pra seguir denunciando os abusos nas prisións.
Dende aquí animamos a todas a achegarse pra informarse e tecer redes.

Leave a comment