Crónica do 20N na Coruña

O pasado venres 20 de novembro Coruña viviu unha concentración antifascista, do mesmo xeito que outras capitais galegas. A conmemoración do 45 aniversario da morte do ditador serviu de pretexto a Acción Antifascista para convocar unha protesta diante da Casa Cornide; pazo herculino que aínda a día de hoxe segue nas mans da familia Franco grazas ás prevendas obtidas durante 40 anos de ditadura.

Ás 19h concentrámonos fronte á porta do edificio, na  plazoleta de entrada á Colexiata de Santa María, medio cento de persoas armadas con pancartas, bandeiras e ganas de cambialo mundo. Esa mesma madrugada algunhxs descoñecidxs izaran unha faixa sobre o tendido eléctrico dunha rúa lateral: “Contra o fascismo nin un paso atrás”. Caldeando o ambiente para a concentración da tarde cun recordatorio antifascista difícil de retirar para xs guardesxs do pazo, afeitos a eliminar pintadas e cartazes de denuncia.

Os escasos antidisturbios desprazados ata alí (unicamente dúas “lecheras”) amosáronse sorprendentemente educados, tendo en conta que a protesta non fora comunicada. Mantivéronse pasivos e afastados e apenas se achegaron un momento para pedirnos que gardáramos as distancias, pois os veciños denunciárannos polas normas COVID. Nada extraño tendo en conta que a Cidade Vella é un barrio onde concéntrase de sempre o voto na dereita.

Durante pouco máis de media hora coreamos consignas combativas e antifascistas: “Coruña será a tumba do fascismo”, “Contra o estado e a súa violencia agora e sempre resistencia”, “fora fascistas dos nosos barrios”, “nativa ou estranxeira a mesma clase obreira” ou “a loita é o único camiño”. Finalmente leuse un manifesto e, como colofón final, un compañeiro entoou o “bela  ciao” co saxo, dandolle cor a despedida.

A pesares de que podíamos ter sido bastantes máis, en vistas da escalada autoritaria na que estamos inmersos e a crise que se aveciña, marchamos para casa moderadamente contentos co resultado da protesta.

Vémonmos na seguinte!

 

As fotos e videos son de Acción Antifascista Coruña -Aquí o seu Twitter -Aquí o seu Facebook

Deixamos aquí o manifesto lido e repartido durante a protesta:

antifa20n

Leave a comment