Convocatoria Antifascista contra a farsa constitucional (A Coruña)

Mañá domingo 6 de outubro será o 42 aniversario da constitución española, o pacto de “lifting” que servíu ao réxime franquista pra transmutarse en “democrácia de toda la vida” sen rendir ningún tipo de contas polo golpe de estado e as catro décadas de dictadura represiva e totalitaria. Co galo desta lamentable efeméride, a dereita mais rancia da cidade da Coruña convocou dous patéticos eventos de conmemoración patriótica: ás 12 o partido filofascista VOX e ás 13 horas o Foro LC (co ilustrísimo ex-alcalde Sir Paco Vazquez como mestre de ceremonias) reuniránse na praza de María Pita para ler artículos da constitución (¿?). Por ese motivo Acción Antifascista Coruña chama a manifestarse, cunha quedada as 12h na igrexa de San Jorge (contigua ao concello no seu lado esquerdo), provistos de silbatos e cacerolas para celebrar á nosa maneira os 42 anos de “transacción” democrática e “prostitución” española.

Texto da convocatoria tirado do facebook de Acción Antifascista Coruña:

42 anos pasaron dende a morte de Franco mais o Dictador deixou todo atado e ben atado para que o Réxime seguira vixente.

A Constitución do 78 (punto culminante da Transición-Farsa) pon ao Monarca Juan Carlos Borbón de Xefe de Estado (como Franco asignou no 75) e blinda a unidade de España (negando o dereito de autodeterminación dos pobos), entre outras cousas.

42 anos de maquillaxe dun Réxime que perdura: criminalización e persecución do antifascismo, presos políticos nas cárceres do Estado, represión contra os movementos e organizacions anarquistas, comunistas e independentistas, a Audiencia Nacional como herdeira do Tribunal de Orden Público…

Son os mesmos, non nos enganan!

A Constitución do 78 redactouse coa sangue de todos os loitadores antifranquistas que a día de hoxe siguen nas cunetas.
Foi un pacto entre os verdugos e os partidos oportunistas que traizoaron á clase obreira.

Nós témolo claro:
Abaixo o Réxime do 39/78!!
A Coruña será a tumba do fascismo!!

Vémonos este DOMINGO , ás 11:45 onde a IGREXA DE SAN JORGE (entre a Plaza de Humor e o Concello de Maria Pita) para plantar cara a o ultradereitismo de VOX e do Foro LC , e ós defensores desta falsa democracia.
Trae silbatos, cacerolas, os teus cartaces e todo o que se te ocurra para deixarlles claro que os seus discursos non son aceptados polo pobo traballador, solidario e concienciado.✊🏾

ACCION ANTIFASCISTA CORUÑA.

Leave a comment