Furgones e Mazmorras

O continuo mudar da realidade, que troca en todo momento máis nunca semella esta-lo facendo e a cotidianidade rutinaria que quere facernos crer que todo é sempre igual para nós , é uma tensión que fai que todo se transforme mais a esencia do sistema non troque nen un chisco.

É uma verdade que nos dí que só algo estable prevalece, que a historia non ha fai a xente se non as persoaxes, que o povo nunca vai a aprender absolutamente nada, e que unha revolta non é mais que una algarada, un arrebato, un arrepío asustador que non ten pes nin testa, intelixencia ou moral. É só un acto fortuito determinado polas circunstancias.

Pois ben, ese pensamento non é máis que una falacia. Unha tan grande que nalgún intre das nossas vidas todas chegamos a crer.

Máis lonxe de aceptar esta regra vital para que todo siga a rolar sen que nada se mude,as xentes, ás loitas, os povos as revoltas aprenden das súas existencias, piden ter vida propia, e finalmente deixan sementes para que algo máis grande poda nacer tras delas.

Os casacos amarelos da Francia pese a quen lle pese, foron un movemento transversal, difícilmente asumible polo sistema, combativo a esgalla nalgunhas ciudades, como burdeos ou parís, con alma revolucionaria. A xente que participou nesa loita adquiriu un saber que o estado difícilmente poderá facerlle esquecer.  A existencia desa loita fixo posible que hoxe en día a resistencia social nas rúas da Francia sexa a que é, que o governo tenha máis difícil poder impor leis que atenten contra as liberdades dos individuos ou a súa expresión. Eso en si mesmo é un triunfo. As loitadoras aprenderon a ser inxeniosas, a organizarse clandestina máis masivamente e por nervoso a un inimigo difícil de intimidar.

O que aconteceu no Chile, é, se acaso se pode, un millor exemplo. Despois de anos de loitas dos estudantes, algumas outras de operarios isolados, e días clásicos de chamamento a revolta, por fin, tiveron unha revolta a serio. Un detonante calquer coma uma subida no metro fixo que todo estourase dunha maneira se se me permite o termo, fermosa. O povo perdeu o medo e a diario aprendeu da lección que da ganhar a rúa. O estado mantivose, máis perdeu a súa fachada democrática. A revolta soubo lexitimarse e conhecer ao seu inimigo. A xente e hoxe alá, máis consciente, máis organizada e polo tanto o povo é máis intelixente, sábese, reconhecese. A conciencia xa non é a mesma. A revolta prantou aquí tamén a súa semente, xeneracións de novas loitadoras formaronse.

Barcelona é hoxe outro fervideiro de disidencias. Corpos dispostos a danzar ao son da revolta. Anos de discordias políticas necias que afogan identidades que por acaso nin tan perigosas para elas eran. Tal miopía política fixo que aquí tamen o estado sacárase a súa careta democrática. Unha careta moi esperpéntica de por si nun páis que cheira a rancio como cheira a España. A non violencia deu paso a autodefensa. De alí a revolta só hai un paso. A revolta que encabeza esta cidade irradia liberdade e rebufa fartura. E non é extrano, practicas corruptas en todo o estamento estatal, censura a níveis inquesitoriais e unha esquerda no goberno  que da noxo e non tenhen nin vergonha. Xogan a lexitimar un sistema que é fascista ata o absurdo.  Barcelona é só a punta da lanza. Nas nosas mans está aprender a loitar. Máis sentidinho amigas pois só hai que olhar o inimigo a quen nós enfentamos. Sinalan a quen poden e criminalizan a solidariedade.

Falan de contentores de lixo e carrinhas da bofia como se fosen monolitos intocables. Sinalan a xente que só e culpable de amar a liberdade. Tratan-nos coma asasinos, cando inda non fixemos nada de nada. Esto e só o comezo e o caminho para poder aprender a loitar.

O acontecido cas anarquistas italianas detidas estes días e a histórica cortina de fume. Botarlle a culpa a profesionais da violencia cando esta revolta somos todas as que estamos fartas.

Liberdade para todas as detidas nos disturbios.

Amnistia para as presas

 

Que esto sexa só a semente dunha revolta que nos libere realmente.

Abaixo o estado.

Remedios V. Uranga

Leave a comment