Difundimos este novo podcast do programa de Radio Liverdade, efecto Bándua. Nesta volta nos falam da situaçom das presas e da última marcha à Lama. Colamos do seu blogue:
En setembro varias familiares de presos arrincan coa iniciativa de sumar apoios para denunciar a situación actual nos cárceres e a especial vulneración de dereitos á que se ven sometidas as presas e presos do estado espanhol en tempos de pandemia.

Nun primeiro encontro acórdase realizar unha marcha ao cárcere da Lama a finais dese
mesmo mes.
Neste programa recollemos as voces de varias persoas e colectivos que conflúen nesta
acción. Nunha segunda xuntanza aberta, espazo que procura acoller a máis persoas, familiares e amizades de presxs ás que lles estexa a afectar directamente esta situación, decídese convocar outra marcha ao cárcere de Teixeiro para o sábado 19 de decembro deste mesmo ano, baixo o lema “Prisión + covid = dobre encerro” e realizar accións locais simultáneas o sábado 7 de novembro en diferentes lugares do territorio galego.
Para colaborar ou para + info:
marchaaocarcere@riseup.net
Modelo de queixa por anulación de comunicacións:
https://esculca.gal/esculca-pede-explicacions-a-institucions-penitenciarias-e-disponibiliza-modelo-de-queixa-para-persoas-afectadas/
Músicas e poemas:
- Ketekalles “Hierro”
- Sés “Milonga de aquí”
- Bitxo Bola con Folkolicos “Compañero, compañera”
- Fabrizio de Andrè “Nella mia ora di libertá”
- Bersuit “El tiempo no para”
- Johnny Cash “San Quentin”
- Sés “Milonga de aquí”