Posposto o xuízo contra xs solidarixs de Teixeiro

Onte, 25 de Novembro, era a data prevista para o xuízo contra cinco participantes da marcha a Teixeiro do 2013. Acusábaselles de diversos delitos relativos aos forcexeos entre manifestantes e gardas civís ocasionados durante a incautación dos petardos e foguetes cos que facer oir a protesta dentro do presidio. A pesares de que o asunto saldouse apenas cuns empuxóns, os picoletos presentaron denuncia contra cinco asistente; destacando por absurda a petición fiscal de máis de tres anos de cárcere contra a persoa que legalizou a manifestación.

Onte, fronte a audiencia provincial da Coruña, un grupo de solidarixs despregou unha pancarta e repartiu panfletos en defensa dxs procesadxs. A intención era arroupar axs compañeirxs represaliadxs e denunciar a desproporcionada resposta represiva contra unha marcha que non ten outra finalidade que a de amosar apoio e calor humano ás persoas presas. E é que as marchas á prisión de Teixeiro foron acosadas durante moitas das súas edicións por sancións de todo tipo (por manifestarse sen permiso, por tirar petardos, por aparcar os coches no arcén, por virar en lugar indebido…) centos de multas que as veces incluíron a TODXS xs manifestantes. Ata nunha ocasión pincharon as rodas de tódolos coches dxs participantes. Calquera cousa con tal de evitar o cariño e a solidariedade cxs presxs e a denuncia do sistema carcelario.

Finalmente o xuízo quedou aprazado ata abril, porque un picoleto non puido acudir, así que continúa a intriga polo menos ata o ano que vén.

Aproveitamos para lembrar que o 19 de decembro (con toda provabilidade) celebrarase a Marcha a Teixeiro deste ano, numéroa XXI!! Así que nos vemos alí!

Que non decaia a solidariedade!!

 

Mais sobre o xuizo contra xs solidarios de Teixeiro -Aquí

02 comments on “Posposto o xuízo contra xs solidarixs de Teixeiro

Leave a comment