Tras varios simulacros ocasionados polas restricións de mobilidade, por fin temos data definitiva para a vindeira Marcha ao cárcere de Teixeiro: este 26 de decembro ás 11:00 horas con saída, coma sempre, desde a gasolineira situada no km 663 da N-634.
Será a XXI ocasión en que xs solidarixs antirrepresivos galegos realicemos esta convocatoria de Nadal que, ademais, achega calor humana ás victimas da inxustiza estrutural deste sistema desigual e clasista. Percorreremos a pè os quilómetros que separan a estación de servizo do presidio e, xa nas portas, trataremos de facernos oír polos internos, para que saiban que non todxs esquecemos a súa penosa situación, agravada nestes tempos polas terribles restricións da pandemia. Tráete cacerolas, chifres, instrumentos musicais ou calquera outro medio que permita á nosa solidariedade saltar os muros da ignominia.
Terminada a protesta, reunirémonos nalgún punto aínda por determinar para tratar de continuar dando forma á solidariedade antirepresiva galega.
Xusto agora, ademais, acaba de aprazarse o xuízo contra varixs compañeirxs procesadxs pola realización da Marcha a Teixeiro de hai 8 anos, onde á persoa convocante pídenlle 3 anos de cárcere. Evidentemente trátase dun xuízo político no que se esta a encausar a solidariedade coas persoas presas e o dereito a protestar e visibilizar aquilo que o estado prefire ter agochado. É por iso que o apoio á convocatoria faise este ano especialmente importante.
Vémonos en Teixeiro!!!
[…] Galicia la marcha contra la cárcel de Teixeiro será el 26 de Diciembre. Esta marcha lleva haciéndose en tierras gallegas durante años. Hace poco acaba de aplazarse el […]
[…] Robinjuz 24 de Decembro, 2020 Este sábado 26 de decembro terá lugar a XXI Marcha ao cárcere de Teixeiro. Cando se lanzou esta convocatoria aínda non coñeciamos o agravamento das restricións de […]