Crónica da XXI Marcha á prisión de Teixeiro

O nadal deste ano 2020, como todos os demáis no que levamos de século, tivo en Galicia a súa achega  antirepresiva e solidaria fronte ao infame penal de Teixeiro. Vinteún anos denunciando as pésimas condicións carcelarias, achegando solidariedade axs represaliadxs do sistema e denunciando a institución mesma do castigo e do encierro. Vinteún anos de pulso continuado contra o estado, que utilizou todas as ferramentas ó seu alcance para impedir a protesta e reprimir xs seus participantes: como ao principio non pediamos autorización, empezaron multando só a algúnhxs dxs asistentes; máis tarde multáronnos absolutamente a todxs; logo sancionaron ao coche da megafonía por estar supostamente aparcado impedindo a visibilidade durante o transcurso da protesta; logo multaron a todos os coches dxs participantes por estar estacionados no arcén dunha estrada de terceira rexional; logo sancionaron xs que tiraban foguetes cos que facernos oír polxs reclusxs; máis tarde descoñecidos membros das forzas represivas (ou picoletxs ou carceleirxs, non queda outra) pincharon as rodas de vinte coches aparcados no comezo da marcha; noutra ocasión abriron un xuízo penal contra cinco compañeirxs por uns leves empurróns coa garda civil, á persoa que legalizara a marcha, a pesar de non ter relación co asunto, pídenlle tres anos de cárcere (este proceso aínda está aberto a día de hoxe, polo que o seu resultado é incerto). Practicamente na metade das convocatorias realizadas ata o de agora atoparon algún xeito de reprimir e sancionar a polo menos algún dos seus participantes (cando non a todxs).

Como non podía ser doutro xeito, nesta ocasión xs picoletxs identificaron xs asistentes e aseguraron que propoñerían sancións contra toda persoa que se saltara algún confinamento perimetral, pasándose polo forro dos collóns o dereito fundamental a participar nunha protesta autorizada que, segundo a súa propia constitución, non pode ser limitado por un estado de alarma (só polo de excepción ou o de sitio). Bueno, todo fai supoñer que este ano, por non faltar á tradición, tamén gozaremos de suculentas sancións que seguirán amosando que calquera parecido da democracia española cun estado de dereito é unha absoluta coincidencia.

Pero volvamos á XXI Marcha á prisión de Teixeiro, que xa me estou liando como teño por costume: Contra todo pronóstico nestes tempos pandémicos e totalitarios sometidos ao xugo da lei marcial, unha vintena de persoas de todo-los recunchos de galicia acudimos ao decano chamamento anticarcelario. Todo prometía un pequeno e testemuñal acto de escasa presenza e finalmente dúas decenas de solidarixs desafiaron ao virus e á autoridade (aos virus debería dicir?) e conformaron unha Marcha bastante digna dadas as circunstancias.

Tra-la consígna de “Abaixo os muros”, e armados con diversas pancartas  antirrepresivas e  contestatarias, realizamos a pé os tres quilómetros que nos separaban do penal. A garda civil encargouse de cortar o tráfico dun dos carrís da estrada, e nós de animar o cotarro con berros, cánticos e ruídos varios que fixeron as delicias dos corzos, os xabarís e algún camioneiro despistado. Xa fronte a prisión continuamos entoando consignas anticarcelarias que, debido á pantalla de árbores plantada no noso honor durante as primeiras Marchas, apenas tiveron eco nos pavillóns do penal e nxs seus desgraciadxs e involuntarixs inquilinxs.

Un par de horas despois de comezar a protesta recollemos o tenderete e voltamos para os nosos respectivos buracos; non sen antes tomar algúns novos acordos no noso pequeno pero alegre grupo galego de solidarixs antirrepresivxs.

Mentres tanto, na cidade da Coruña, outro pequeno grupo anticarcelario repartía panfletos fronte ao céntrico teatro Rosalía; xunto a unha pancarta (“COVID máis cárcere: dobre condena”) e ó debuxo a tamaño real dunha cela de illamento pintado con tiza no chan. O obxectivo era concienciar á xente dos abusos cometidos tras dos muros das cadeas, cada día máis afastadas das cidades precisamente para agochar o problema aos ollos da “bienpensancia” cidadá. Así, de paso, algúns solidarixs puideron evitar as máis que probables multas que outrxs teremos que enfrontar por parte do totalitarismo democrático 2.0. Menos mal que goberna a esquerda!

Seguiremos informando.

Leave a comment